domingo, 28 de novembro de 2021

5º EDUCACIÓN INFANTIL

 Tránsito libre


Eses momentiños que teñen de tempo libre para poder crear, compartir , experimentar, construír, cooperar… xurden momentos máxicos. 

O primeiro momento foi crear unha pista para poder tirar os coches, atoparon unha tapa dunha mesa que cumplía as expectativas do xogo, días despois deciciron crear un circuíto con cadeiras para poder “circular” pola clase. 




O segundo momento tamén ten que ver con medios de transporte … vese que o proxecto deste ano vai calando no xogo nos nenxs da clase. Pois, decidiron xuntar as cadeiras da clase para crear nada  máis e nada menos cun avión. Os pasaxeiros e pasaxeiras subían e poñían o cinturón… os pilotxs cambiaban de turnos… vese que a viaxe era longa (querían chegar a París)




Veremos coa chegada do Nadal que vai xurdindo na nosa clase. 

ESTA SEMANA...


Esta semana traballamos na aula importacia de resolver os conflitos coa palabra e non pelexando. Aproveitamos o día en contra da violencia de xénero para recordar que todos somos iguais e que “ no amor non todo vale”.







1 comentario: