venres, 9 de outubro de 2020

SEGUIMOS CON NOVAS PROPOSTAS EN 6º E.I.

 Esta semana tivemos cinco novas propostas que todos tiñan que visitar. Foron as seguintes:

  • Realizar diferentes caras de outono utilizando para as mesmas diferentes elementos da mesa como por exemplo: landras, follas, castañas... A cara que fixeran que máis lle gustaba tiñan que plasmala nun folio.

  • Decoramos unhas follas para empezar coa decoración de outono das ventás da aula. Utilizaranse para facer unha cortina na ventá.
  • Nunha cesta había diferentes fotografías de elementos de outono e tiñamos que emparexar cada foto co seu nome. Despois pasamos estes nomes e estas fotos a un folio.
  • Outra proposta foi realizar letras e palabras utilizando millo:
  • E a última era emparexar cada número coas pezas de dominó correspondente que sumaran ese número:

Tamén houbo tempo para.... Utilizar a mesa de experimentación para facer trasvases de millo!!

E ademais decidimos que a partir de agora os venres vamos a realizar sesións de relaxación e ioga!
Desfrutade moito desta finde longa e vémonos o martes!!!

mércores, 7 de outubro de 2020

TALLER DE FROITA EN 6º E.I.

 Neste curso, na aula de 6º de E.I., imos comprobar cales son as froitas de tempada que acompañan a cada estación. Para iso, hoxe trouxemos a aula uvas e granada para poder facer unhas ricas brochetas e probalas mentras escoitabamos música relacionada coa estación na que nos atopamos. Algúns puxéronse as botas!! Volveremos a repetir esta actividade ao longo do curso con diferente froita, có obxectivo de que coñezan novos sabores e aprendan que non temos a mesma a froita durante todo o ano!



martes, 6 de outubro de 2020

BRICOLAXE EN 6º DE E.I.

 Hoxe apareceu na aula unha caixa e todos querían saber o seu contido. Abrímola e era un carro para colocar material! Ocorreuselles a idea de que podiamos montalo entre todos e que podería ser divertido! Que gran idea!!! Puxémonos mans a obra e quedounos un carro perfecto!

Pero o mellor de todo sen dúbida foi xogar cós plásticos e a caixa no que viña o material!




domingo, 4 de outubro de 2020

Taller de vogais

 Na aula de 5º de Educación Infantil, estamos a traballar as vogais en maiúscula. Temos o noso taller de vogais e así as estamos a aprender.



Outono na clase de 4 anos

 Na clase de 5º de Educación Infantil xa comezamos a traballar co outono. Pintamos con esponxas cós cores de outono, pasáronno fenomenal.



venres, 2 de outubro de 2020

NOVAS PROPOSTAS DE OUTONO EN 6º E.I.

Despois de semanas de elaboración... podemos dicir que temos as nosas principais normas do Covid! Foron elaboradas entre todos e decidiron que serían as seguintes:

Despois de colocar a nosas normas, estivemos falando que este ano no outono non poderiamos facer unha saída para recoller elementos da estación na que nos atopamos, polo que decidiron que se ian de paseo e miraban algún elemento ían traelo a aula. Montamos unha mesa de outono con todo o que trouxeron que quedou así de chula:

Aproveitando os elementos do outono, para traballar o conteo e a lectoescritura, cada un fixo un reconto de todo o que hai nela.
Ademais, fixemos unha obra de arte otoñal, que consistía en debuxar elementos do outono. Tiñamonos que fixar moi ben en todos os detalles e na súa posición!

Aproveitamos o bo tempo para saír ao exterior e debullar millo!

Tamén houbo tempo para facer un experimento con piñas, meténdoas en agua e esperando a ver que ocorría. Despois dun tempo descubrimos que a piña xa non estaba aberta!! Investigamos e isto débese a que a piña cérrase para protexer os piñóns da humidade!
Rematamos a semana recordando cales son as cores de outono que temos na nosa paisaxe e inmortalizámolo nunha bolsa dentro dunha folla!



domingo, 27 de setembro de 2020

Traballando na aula de 5º de Educación Infantil

 Esta semana fixemos moitas cousas  na clase de 5º de educación Infantil.

 Traballei moito a motricidade fina e as vogais, xogamos e divertímonos un montón.

  Por fin poideron levar o molinillo rematado...😄











sábado, 26 de setembro de 2020

PRIMEIRAS PROPOSTAS NA AULA DE 6º DE E.I.

 Nesta semana realizamos diferentes propostas para ir pouco a pouco collendo rutina despois de tantos meses. Algunhas das actividades que realizamos foron:

Primeiro falamos do que era un retrato e realizaron o seu. Ao día seguinte repetimos os retratos pero esta vez utilizando un espello para axudarnos e tiñan que fixarse ben en todo o que tiñan na súa cara realizando todo tipo de detalles.

Os retratos quedaron así de chulos! Comparamos os dous retratos e a imaxen que teñen debuxando vendose e sen verse é diferente!
Demos a benvida ao outono realizando a silueta dunha folla e falando de todos os elementos que hai nel e os colores que máis destacan nas paisaxes. Como este ano non podemos realizar a saída pola contorna para recoller elementos de outono, algúns nenxs os trouxeron das súas casas. Aproveitamos para realizar agrupacións, conteos, series... e imos utilizalos nas vindeiras semanas para facer máis actividades!
Fixemos unha pequena iniciación ao xogo do dobble para traballar a atención, os xogos de mesa, a concentración...
Tamén tivemos tempo para decorar os nosos tupper e deixalos chulísimos e para facer actividades ao aire libre!







sábado, 19 de setembro de 2020

A AULA DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 Ola familias !!!!

Benvidos de novo ao colexio.

Este curso vai a ser distinto pola cantidade de cousas ás que temos que atender. Pero facémolo coa mesma ilusión e alegría por recibir ao  noso alumnado.

Tivemos tempo,  nestes primeiros días, de contar as aventuras das nosas vacacións e da coarentena. 

Estivemos xogando e traballando. 😄

Estamos moi felices de volvernos ver.



 

venres, 18 de setembro de 2020

PRIMEIROS DÍAS NA AULA DE 6º DE E.I.

 Ola familias!

Nesta primeira semana na aula tivemos tempo para contar moitas cousas sobre a corentena e sobre o verán, pero sobretodo foi unha semana de reencontro e de volver a nosa rutina!

Coñecimos a importancia da limpeza de mans moitas máis veces do que xa faciamos:

 
Xogamos moito despois de tantos meses sen estar xuntos:


Pero tamén tivemos tempo para aprender e facer os nomes dos nosos casilleiros, algo que usamos moito no noso día a día:











Primeira semana de curso superada!!! Imos a pola segunda!!

mércores, 2 de setembro de 2020

BENVIDOS AO CURSO 2020-2021

Ola familas!
Xa estamos de volta traballando para unha volta aos centros máis segura! Este novo curso temos unha nova compañeira que será a titora de 4º de E.I. !
Pedimos tranquilidade ante a nova situación e a próxima semana farase unha reunión para informar sobre o protocolo! 
Recordamos as nosas direccións de correo electrónico:
- 4º E.I.:  letiverdeotero@gmail.com
- 5º E.I.: margasantosbarroso@gmail.com
- 6º E.I.: luciag.profe@gmail.com

Vémonos pronto!




domingo, 21 de xuño de 2020

Reflexións dunha corentena

Como despedida final, deixamos a última montaxe, grazas polos vídeos que nos enviástedes. Moitas grazas e BO VERÁN!!!



venres, 19 de xuño de 2020

Bo verán

As titoras de infantil queremos agradecer todo o esforzo realizado durante estes meses, xa que sen a vosa axuda non sería posible! Pasade un bo verán e vémonos en setembro!

xoves, 18 de xuño de 2020

Semana de Despedida

Esta semana despedímonos ata setembro! E especialmente despedímonos d@s nen@s que deixan a etapa de Infantil para comezar unha nova aventura en Primaria!! Que maiores xa!! Moita sorte na vosa nova etapa! Botaremos de menos a cada un de vos e querémosvos moito!! Este video vai adicado a vos!









mércores, 17 de xuño de 2020

Cumpreanos

Hoxe queremos felicitar aos nen@s que celebran os cumpreanos no verán. Desexámosvos que o pasedes moi ben. Que sexades moi felices no voso día!!!..🎈🎁👑🎉
Un bico grande de parte das profes.
 
                                   
  

                                                     SERGIO

                                                 CARMEN

                                                  SOFÍA

                                                 SOFÍA


                                                 ERIK


                                                  NOAH


                              





luns, 15 de xuño de 2020

Reto Semanal

Ola familias!! Ésta será a nosa última semana!! Por iso, nesta ocasión, só haberá un reto semanal!!
O reto é moi fácil e consiste en enviarnos un debuxo ou un vídeo explicando cómo foi a corentena. O vídeo non ten que ser moi largo e nel poden contar cómo a pasaron, que foi o que máis e o que menos lle gustou... o que queiran contar da corentena!
O debuxo pode ser do que máis lle gustou da corentena!!
Animádevos a participar!! Con todo o material recibido faremos un video que publicaremos a próxima semana!!


domingo, 14 de xuño de 2020

Novas fotos dos retos

Que tal familias? de novo deixamos as fotos dos retos desta semana. Os traballos xeniais. Moitas grazas polo voso traballo. Feliz domingo!!!!


luns, 8 de xuño de 2020

Retos semanais

Ola familias!! Xa queda pouco para as vacacións. Ofrecemos algunha actividade máis para os pequerrechos. Grazas por seguir o noso blog. Boa semana!!!





                                         






Esta semana escollemos o conto "LA CEBRA CAMILA".
A ver se vos gusta.
E logo a facer as fichas interactivas.


                                             



domingo, 7 de xuño de 2020

Fotos dos retos da semana



Ola familias!! Compartimos as fotos que recibimos destes pequenos artistas durante toda a semana!! Esperamos disfrutaran moito na realización dos retos! Moitas grazas pola vosa colaboración!! Disfrutade do domingo!



venres, 5 de xuño de 2020

Día do Medio Ambiente

Hoxe, día 5 de Xuño, celebramos o Día Do Medio Ambiente!! Animámosvos a disfrutar da natureza e deste conto:



luns, 1 de xuño de 2020

Novos retos semanais

Ola familias!!!! Que rápido pasan as semanas!!!. Ofrecemos novos retos para entreter aos máis pequenos. Grazas polo esforzo que facedes. Boa semana.



O enlace para acceder á páxina: http://www.quivervision.com/coloring-packs/















Esta semana o conto que escollemos para logo facer as fichas interactivas  é  GRÚFALO. 
Esperamos que vos guste.