venres, 2 de outubro de 2020

NOVAS PROPOSTAS DE OUTONO EN 6º E.I.

Despois de semanas de elaboración... podemos dicir que temos as nosas principais normas do Covid! Foron elaboradas entre todos e decidiron que serían as seguintes:

Despois de colocar a nosas normas, estivemos falando que este ano no outono non poderiamos facer unha saída para recoller elementos da estación na que nos atopamos, polo que decidiron que se ian de paseo e miraban algún elemento ían traelo a aula. Montamos unha mesa de outono con todo o que trouxeron que quedou así de chula:

Aproveitando os elementos do outono, para traballar o conteo e a lectoescritura, cada un fixo un reconto de todo o que hai nela.
Ademais, fixemos unha obra de arte otoñal, que consistía en debuxar elementos do outono. Tiñamonos que fixar moi ben en todos os detalles e na súa posición!

Aproveitamos o bo tempo para saír ao exterior e debullar millo!

Tamén houbo tempo para facer un experimento con piñas, meténdoas en agua e esperando a ver que ocorría. Despois dun tempo descubrimos que a piña xa non estaba aberta!! Investigamos e isto débese a que a piña cérrase para protexer os piñóns da humidade!
Rematamos a semana recordando cales son as cores de outono que temos na nosa paisaxe e inmortalizámolo nunha bolsa dentro dunha folla!



Ningún comentario:

Publicar un comentario