Esta semana tivemos cinco novas propostas que todos tiñan que visitar. Foron as seguintes:
- Realizar diferentes caras de outono utilizando para as mesmas diferentes elementos da mesa como por exemplo: landras, follas, castañas... A cara que fixeran que máis lle gustaba tiñan que plasmala nun folio.
- Decoramos unhas follas para empezar coa decoración de outono das ventás da aula. Utilizaranse para facer unha cortina na ventá.
- Nunha cesta había diferentes fotografías de elementos de outono e tiñamos que emparexar cada foto co seu nome. Despois pasamos estes nomes e estas fotos a un folio.
- Outra proposta foi realizar letras e palabras utilizando millo:
- E a última era emparexar cada número coas pezas de dominó correspondente que sumaran ese número:
Tamén houbo tempo para.... Utilizar a mesa de experimentación para facer trasvases de millo!!
E ademais decidimos que a partir de agora os venres vamos a realizar sesións de relaxación e ioga!
Desfrutade moito desta finde longa e vémonos o martes!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario