venres, 22 de xaneiro de 2021
SEGUIMOS CÓ INVERNO EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Esta semana, ademais de avanzar có proxecto, tamén continuamos traballando o inverno e, por iso, realizamos as seguintes propostas:
Realizar folerpas de inverno seguindo unhas directrices. Podían elexir se para facelo querían celo ou anacos de papel. Unha vez realizada a folerpa seguindo os pasos, estampamos nese folio témpera azul axudándonos dunha esponxa. Para rematar deixábamos secar e despegabamos os anacos de papel ou o celo para adornar con sal! Quedaron moi bonitos! Son uns artistas!
mércores, 20 de xaneiro de 2021
PROXECTO EN 6° DE INFANTIL
Hoxe na nosa aula apareceu unha misteriosa carta de Igrexiño na que nos conta que vai realizar o camiño de Santiago e que precisa para iso a nosa axuda! Na mesma carta plantexábanos unha dúbida que encantados imos repostar!
Recibimos esta carta con moita alegría e con moitas ganas de axudar a Igrexiño!
martes, 19 de xaneiro de 2021
COMEZAMOS TRIMESTRE CÓ PROXECTO DE CENTRO
En infantil xa comezamos a traballar sobre o proxecto de centro que nos acompañará durante todo este curso escolar : "Igrexiño fai o camiño".
Traballaremos o conto que se presenta a continuación e, ademais da canción de centro deste ano, tamén escoitaremos moito a seguinte canción!
sábado, 16 de xaneiro de 2021
A clase de 4 anos
Xa estamos de volta, seguimos co segundo trimestre con moitas ganas. Faremos moitas actividades relacionadas co inverno. Ánimo e a seguir o camiño.
AGASALLOS DOS REIS MAGOS.
Os Reis Magos deixáronnos dous regalos. Un parking e un xogo de pezas para construir. Gustoulle moito os nen@s.
venres, 15 de xaneiro de 2021
COMEZAMOS CÓ INVERNO EN 6º DE E.I.
Xa estamos de volta neste novo ano!! Voltamos coas pilas cargadas e con moitas ganas de estar cos nosxs compañeirxs! Foi unha semana de reencontros na que empezamos a traballar, entre outras cousas, a nova estación que nos acompaña: o inverno.
O chegar a aula tiñamos unha sorpresa que nos deixaron os reis magos! Un banco de ferramentas e un establo co que estou segura desfrutaremos moito este curso.

















































