Xa estamos de volta neste novo ano!! Voltamos coas pilas cargadas e con moitas ganas de estar cos nosxs compañeirxs! Foi unha semana de reencontros na que empezamos a traballar, entre outras cousas, a nova estación que nos acompaña: o inverno.
O chegar a aula tiñamos unha sorpresa que nos deixaron os reis magos! Un banco de ferramentas e un establo co que estou segura desfrutaremos moito este curso.
Tamén nos adicamos a decorar as fiestras que quedaron moi chulas!! Parece que a neve chegou a nosa aula!!
E non podían faltar as propostas semanais que tanto lles gustan, que nesta ocasión había algunhas relacionadas có inverno, sendo as seguintes:
Colocar cada copo de neve coa súa metade e despois realizar a simetría dun copo de neve.
Coñecimos novo vocabulario de inverno, a través dunhas novas tarxetas, e despois copiamos algunhas destas palabras e fixemos uns debuxiños moi bonitos!
Utilizamos uns xerseis de inverno que temos que teñen os números ata o 30 e colocamos unha torre de policubos que contiña tantos cómo o número que nos indicaba o xersei.
Utilizando o vocabulario de inverno, tiñamos que poñer o sello da primeira letra pola que comezaba ao lado do debuxo e despois facer esa letra na area.
E para finalizar as propostas, montamos uns puzzles invernais moi chulos!
Ademais das propostas, descubrimos o que era un propósito e cada un dixemos un propósito para este novo ano que nos vai acompañar durante todo o curso! Despois os colocamos na porta para poder recodarlos!
Continuamos traballando as letras minúsculas e nestra ocasión construimos un puzzle de minúsculas entre todos.
E para finalizar a semana realizamos unha sesión de xogos de mesa que tanto lles gusta que fagamos! E presentamos o xogo do dobble coa temática de inverno!
Que teñades unha boa finde!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario