Aula de 3 anos
Ola a tod@s! xa estamos por aquí de novo para mostrarvos algunhas das actividades que estivemos facendo estes días na escola. Estamos moi inmersos nesta nova estación "O inverno", polo que a maioría das nosas actividades xiran ao seu arredor.
Actividade de motricidade fina con "lentellas" e folerpas de neve.
Actividade de asociación: @s nen@s teñen que atopar coa lupa a folerpiña pequena que sexa idéntica á folerpa grande.
Actividade moi completa que nos levou varios días rematala, pero que merceu a pena. Nela traballamos contidos matemáticos e lingüísticos: o círculo, a cantidade ( 1 pico, 2 ollos), series (círculo-estrela), letras da palabra inverno...
Actividade de asociación número-cantidade.
Tamén fixemos neve!! Aproveitando que tivemos días de moito frío quixemos experimentar facendo a nosa propia neve. Activide moi sensorial!!
E como o prometido é deuda... volvimos a xogar con espuma. Éxito total!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario