venres, 22 de xaneiro de 2021

SEGUIMOS CÓ INVERNO EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Esta semana, ademais de avanzar có proxecto, tamén continuamos traballando o inverno e, por iso, realizamos as seguintes propostas:

Realizar folerpas de inverno seguindo unhas directrices. Podían elexir se para facelo querían celo ou anacos de papel. Unha vez realizada a folerpa seguindo os pasos, estampamos nese folio témpera azul axudándonos dunha esponxa. Para rematar deixábamos secar e despegabamos os anacos de papel ou o celo para adornar con sal! Quedaron moi bonitos! Son uns artistas!


Seguimos traballando o vocabulario de inverno e a lectoescritura. Esta semana continuamos coa utilización das tarxetas e debían completar nunha folla as vogais que faltaban para facer as palabras de inverno. Despois autocorrexían utilizando as tarxetas. Traballamos desta forma divertida a lectoescritura e potenciamos a súa autonomía.

Utilizando sellos de inverno tiñan que estampar nun papel tantos sellos como nos indicaba o número. Traballamos desta forma o conteo dos números do 10 ao 20. Gustoulles moito a actividade porque encántalles utilizar os sellos da aula.

Traballamos a atención e o conteo a través dunha lámina con moitos elementos de inverno. Tiñan que contar cantos había de cada tipo, polo que había que estar atentos e fixarse moito. Utilizamos os números de madeira da aula para completar esta lámina.

Seguimos có traballo da atención utilizando nesta ocasión cadros de doble entrada con imaxes de inverno. Tiñan que fixarse moi ben para saber que colocar en cada lugar en función da imaxe e da cor que se lles indicaba.

Ademais destas cinco propostas tamén tivemos tempo para...
Seguir có traballo das decenas utilizando o método ABN. Facemos decenas agrupando os paos e o traballamos có número do día (algúns xa descubriron que o primeiro número marca o número de grupos de 10 e o segundo as unidades que nos sobran). Tamén seguimos traballando sobre a táboa do 100 e montamos na aula un xardín das decenas que iremos completando pouco a pouco. 

Introducímonos na utilización da balanza. Primeiro empezamos utilizando as pesas para intentar igualar ambas partes. Despois eleximos elementos que tiñamos na aula para descubrir cal pesaba máis. Fixemos hipóteses dicindo cal creiamos que pesaría máis e traballamos os conceptos "mais que", "menos que" e "igual que". Foi moi divertido! Outro día seguiremos xogando con ela utilizando outros elementos.
Seguimos coa decoración das ventás, utilizando nesta ocasión o material que aportáchedes a aula. Con permanente debuxaron unha folerpa no plástico e despois fixeron neve utilizando témpera blanca e un bastonciño. Despois os colgaremos na última ventá que queda sen decorar!
Seguimos xogando coa torre rosa nos recantos despois de traballar pero ahora temos unhas tarxetas que nos axudan a realizar diferentes formas! Intentamos fomentar a creatividade, polo que eles deciden se queren utlizar as tarxetas ou deixar voar a imaxinación para facer con ela o que se lles ocurra!
E ata aquí o traballo de esta semana!! Que teñades unha boa fin de semana!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario