venres, 12 de febreiro de 2021

Clase de 5º de Educación infantil

 Ola familias: esta semana de entroido aproveitei a traballar actividades sobre o proxecto do camiño de Santiago. Así fixemos a careta de Igrexiño, pintamos unhas cunchas...

PINTAMOS CUNCHAS

Esta semana pintamos cunchas de vieira. Primeiro as manipulamos e logo as pintamos. Agora nos servirán para traballar as series, as matemáticas...

RELAXACIÓN

Despois do recreo facemos, na mesa, relaxación, collemos os botes da calma e tentamos relaxarnos,aínda que custa un pouco...


CONTO: ¿NO DUERMES,OSITO?
Esta semana traballei o conto "¿No duermes osito?", es muy interesante porque trata sobre el miedo.


ALFOMBRA DE NÚMEROS

Traballei na alfombra de números camiñar a pata coxa, fixéronno fenomenal!!!👏👏


CARETA DE IGREXIÑO
Fixemos tamén relacionado co proxecto a careta de igrexiño.


CONSTRUCCIÓNS



Que pasedes un moi bo Entroido!!!!
Ata a volta.

ENTROIDO EN 6º E.I.

Esta semana foi un pouco especial porque era a do entroido. Estivemos toda a semana traballando con dous libros de entroido e as propostas son principalmente de lecto-escritura e de arte. Adicámola a traballar as personaxes típicas do entroido galego.

As cinco propostas desta semana foron as seguintes:
Elexir a súa foto e tiñan que disfrazala utilizando diferentes elementos para a elaboración do seu disfraz! Quedaron moi coloridos e foi moi divertido!


Utilizar as letras de madeira e crear os nomes das personaxes típicas do entroido galego. Despois escribir estas palabras nun papel.

Seguindo con este traballo, tiñan unhas tarxetas nas que aparecían as fotos dos personaxes do entroido e ao lado diferentes nomes e tiñan que elexir o nome correcto.

Utilizando un dos libros que tiñamos na aula, elexian a personaxe que máis lles gustara e a debuxaban nun folio. Debaixo escribian o seu nome.

Coñecimos o mapa de Galicia e colocaron nel a ubicación de cada personaxe do entroido. Tiñan para axudarse unha lámina.

Ademais destas propostas fixemos actividades como...
Un obradoiro de letras maiúsuculas e minúsculas.



Un xogo no que colocamos as letras minúsculas polo chan da aula e tiñan que ir a tocar a letra que se lles indicaba.

Xogamos a un xogo do entroido de emparellar cada personaxe co seu nome correspondente.
Fixemos un obradoiro de máscaras, no que tiñan que tirar o dado e fixarse no número para coñecer que tipo de máscara tiñan que debuxar e cal sería os complementos que había que facerlle.
E finalizamos a semana coa realización dun bingo!

Ademais comezamos cunha actividade que nos acompañará todo o curso e na que ao final da mañan deben colorear o número do día da cor correspondente en función de como se sentiron. Desta forma seguimos có traballo das súas emocións.
Que teñades unha boa finde longa e vémonos o xoves!

martes, 9 de febreiro de 2021

CUMPREANOS DE IRAILA

 Hoxe, Iraila, cumpríu 5 anos. Que maior xa!!!!! Esperamos que o pase fenomenal.🍰🎈🎈🎉

luns, 8 de febreiro de 2021

AULA DE 3 ANOS

Nos últimos días na aula de 3 anos seguimos traballando coa temática de inverno. Algunhas actividades foron as seguintes:

  •  Facemos a nosa propia obra de arte!! Trátase dunha paisaxe invernal, con cores invernais e sobre un soporte especial: papel de aluminio!!


  • Grafismo creativo de inverno. Quedaron unhas luvas moi fermosas!

Outras actividades foron:

  • Motricidade fina con botóns!!

  • Actividade de conteo con bloques lóxicos na asemblea, e con fichiñas de cores na mesa de luz.


  • Seguimos facendo xogos cos nosos nomes. Neste caso consiste en bailar ao ritmo da música por toda a aula, e cando esta se detén, temos que buscar o noso nome e poñernos enriba del.


Tamén tivemos unha mensaxe de Igrexiño pedíndonos axuda. Que ilusión nos fixo!!









venres, 5 de febreiro de 2021

SEMANA EN 6º DE E.I.

Esta semana seguimos coas nosas rutinas de traballar mediante propostas:
Fixemos uns copos creativos utilizando bastonciños e pompóns!

Traballamos a lóxica matemática utilizando un boneco de neve e pompóns. Cada gorro tiña un número que tiñamos que ir cambiando e coas pinzas colocábamos tantos pompóns como nos indicaba o número.


Troquelamos copos e despois os pegamos no rectángulo. Tiñamos que poñer tantos como nos indicaba o número.

Despois de traballar estas semanas coas tarxetas do vocabulario de inverno, esta semana creamos as palabras sen mirar con letras de madeira para despois correxilas utilizando a tarxeta correcta. Finalmente escribimos estas palabras nun folio ao lado de cada imaxe.

E para rematar coas propostas elaboramos un copo utilizando formas xeométricas.

Ademais das propostas fixemos outras actividades como...
Experimentamos cun material novo que son unas ventosas que teñen diferentes formas. Primeiro fixemos construccións con elas e despois colocamos números na pared e puxemos debaixo tantas como nos indicaba o número. Foi moi divertido!
Esta semana utilizamos moito a mesa de experimentación!! Nun lado tiñamos auga e no outro area. A area primeiro a utilizamos para realizar letras, palabras.... e a auga para facer trasvases. Despois puidemos xogar libremente con estes elementos utilizando os animais! Que ben o pasaron!!
Seguindo coa auga, fixemos un experimento/reto!! Tiñamos que decir cantas gotas de auga creiamos que podían entrar nunha moeda! Despois puxémonos mans a obra para investigalo e para iso utilizamos unha pipeta!! Habia que controlar moito as mans e ter moito coidado!!
Tamén traballamos sobre a recta numérica. Primeiro a montamos e despois utilizando as pedras de cores puxemos debaixo tantas como indicaba o número que nos tocou!
Pouco a pouco vamos ampliando as nosas rutinas da asamblea e dando mais importancia a lóxico matemática e a lecto escritura!
E... volvimos recibir unha nova carta do noso amigo Igrexiño solicitando máis axuda!! E estivemos traballando nela!
Que teñades unha boa finde e vémonos a próxima semana desfrutando do entroido!!

A clase de 4 anos

 Esta semana seguimos a realizar un montón de actividades, aquí vos deixo algunha mostra do que estamos a facer.

XOGO DINOSAURIOS

Tiñamos un tablero con números, tirábamos un dado e onde cadrara tiñamos que facer o que mandaban: andar de puntillas, a catro patas...Moi divertido.


CON QUE LETRA EMPEZAN?

Colocamos os debuxos no seu lugar correspondente, na letra pola que empezan.



CADRO DE INVERNO
Quería que me representaran unha paisaxe de inverno. Canta imaxinación.😅


NÚMERO 5
Pegamos 5 botóns no número 5


O REY U.
Esta semana levaron a coroa do REY U. Espero que vos gustara.

ATA A PRÓXIMA SEMANA





ORDES DO MECO

 Un ano máis , non queremos deixar de celebrar co alumnado o entroido, aínda que este ano sexa diferente.

Comezamos a celebración coas ORDES DO MECO deste ano: