venres, 5 de febreiro de 2021

SEMANA EN 6º DE E.I.

Esta semana seguimos coas nosas rutinas de traballar mediante propostas:
Fixemos uns copos creativos utilizando bastonciños e pompóns!

Traballamos a lóxica matemática utilizando un boneco de neve e pompóns. Cada gorro tiña un número que tiñamos que ir cambiando e coas pinzas colocábamos tantos pompóns como nos indicaba o número.


Troquelamos copos e despois os pegamos no rectángulo. Tiñamos que poñer tantos como nos indicaba o número.

Despois de traballar estas semanas coas tarxetas do vocabulario de inverno, esta semana creamos as palabras sen mirar con letras de madeira para despois correxilas utilizando a tarxeta correcta. Finalmente escribimos estas palabras nun folio ao lado de cada imaxe.

E para rematar coas propostas elaboramos un copo utilizando formas xeométricas.

Ademais das propostas fixemos outras actividades como...
Experimentamos cun material novo que son unas ventosas que teñen diferentes formas. Primeiro fixemos construccións con elas e despois colocamos números na pared e puxemos debaixo tantas como nos indicaba o número. Foi moi divertido!
Esta semana utilizamos moito a mesa de experimentación!! Nun lado tiñamos auga e no outro area. A area primeiro a utilizamos para realizar letras, palabras.... e a auga para facer trasvases. Despois puidemos xogar libremente con estes elementos utilizando os animais! Que ben o pasaron!!
Seguindo coa auga, fixemos un experimento/reto!! Tiñamos que decir cantas gotas de auga creiamos que podían entrar nunha moeda! Despois puxémonos mans a obra para investigalo e para iso utilizamos unha pipeta!! Habia que controlar moito as mans e ter moito coidado!!
Tamén traballamos sobre a recta numérica. Primeiro a montamos e despois utilizando as pedras de cores puxemos debaixo tantas como indicaba o número que nos tocou!
Pouco a pouco vamos ampliando as nosas rutinas da asamblea e dando mais importancia a lóxico matemática e a lecto escritura!
E... volvimos recibir unha nova carta do noso amigo Igrexiño solicitando máis axuda!! E estivemos traballando nela!
Que teñades unha boa finde e vémonos a próxima semana desfrutando do entroido!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario