AULA DE 3 ANOS
Nos últimos días na aula de 3 anos seguimos traballando coa temática de inverno. Algunhas actividades foron as seguintes:
- Facemos a nosa propia obra de arte!! Trátase dunha paisaxe invernal, con cores invernais e sobre un soporte especial: papel de aluminio!!
- Grafismo creativo de inverno. Quedaron unhas luvas moi fermosas!
Outras actividades foron:
- Motricidade fina con botóns!!
- Actividade de conteo con bloques lóxicos na asemblea, e con fichiñas de cores na mesa de luz.
- Seguimos facendo xogos cos nosos nomes. Neste caso consiste en bailar ao ritmo da música por toda a aula, e cando esta se detén, temos que buscar o noso nome e poñernos enriba del.
Tamén tivemos unha mensaxe de Igrexiño pedíndonos axuda. Que ilusión nos fixo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario