Esta semana foi un pouco especial porque era a do entroido. Estivemos toda a semana traballando con dous libros de entroido e as propostas son principalmente de lecto-escritura e de arte. Adicámola a traballar as personaxes típicas do entroido galego.
As cinco propostas desta semana foron as seguintes:
Elexir a súa foto e tiñan que disfrazala utilizando diferentes elementos para a elaboración do seu disfraz! Quedaron moi coloridos e foi moi divertido!
Utilizar as letras de madeira e crear os nomes das personaxes típicas do entroido galego. Despois escribir estas palabras nun papel.
Seguindo con este traballo, tiñan unhas tarxetas nas que aparecían as fotos dos personaxes do entroido e ao lado diferentes nomes e tiñan que elexir o nome correcto.
Utilizando un dos libros que tiñamos na aula, elexian a personaxe que máis lles gustara e a debuxaban nun folio. Debaixo escribian o seu nome.
Coñecimos o mapa de Galicia e colocaron nel a ubicación de cada personaxe do entroido. Tiñan para axudarse unha lámina.
Ademais destas propostas fixemos actividades como...
Un obradoiro de letras maiúsuculas e minúsculas.
Un xogo no que colocamos as letras minúsculas polo chan da aula e tiñan que ir a tocar a letra que se lles indicaba.
Xogamos a un xogo do entroido de emparellar cada personaxe co seu nome correspondente.
Fixemos un obradoiro de máscaras, no que tiñan que tirar o dado e fixarse no número para coñecer que tipo de máscara tiñan que debuxar e cal sería os complementos que había que facerlle.
E finalizamos a semana coa realización dun bingo!
Que teñades unha boa finde longa e vémonos o xoves!
Ningún comentario:
Publicar un comentario