venres, 16 de abril de 2021

AULA DE 3 ANOS 

Boas familias, na nosa aula comezamos o trimestre decorando as ventás con moitas flores para dar a benvida a primaveira.




Xogamos cos nosos novos bechiños na mesa de experimentación e comezamos a investigar un pouco máis sobre algún deles... O primeiro que nos interesou foi a xoaniña. Xa sabemos que as hai de moitas cores, que o seu ciclo de vida consta de 4 fases, que nacen de ovos, que teñen 6 patas... Moitísimas cousas!! Ademáis xogamos a compoñer o seu nome coas letras de madeira e descubrimos que comeza coa mesma letra que os nomes de Xoel e de Xiana.



De repente chegaron os vermes de seda da man da familia de Lucas!! E xa cambiamos de bechiño... Agora queremos saber moitas cousas deles. Pasan por moitísimas fases ao longo da súa vida e descubrimos datos moi interesantes:
- Só poden comer follas de moreira.
- Pasan por unha etapa de sono, que é cando mudan a pel.
- Nacen de ovos.
- Comen moitísimo!!
- E moitas cousas máis.

Moitas grazas familia por esta aportación e poder desfrutar de esta experiencia dunha maneira tan vivencial.




Tamén fixemos unha nova plantación en forma de bonecos. Agora temos que darlles moito de beber e ter paciencia a ver se lles medran os pelos!!




Que teñades unha boa fin de semana e ata a próxima!!





CLASE DE MARGA

 Ola familias, esta semana seguimos realizando un montón de actividades, aquí vos deixo algunha mostra.

A RAIÑA A.

Comezamos a traballar a a minúscula. Fixen varias actividades relacionadas.






MESA DE LUZ
Esta semana traballei coa mesa de luz o trazo das vogais en minúscula. Seguirei utilizándoa para distintas actividades.



CONTAR ATA 6
meter nun vaso 6 elementos.





SEMANA PRIMAVERAL EN 6° E.I...

Ola familias! Esta semana seguimos traballando aspectos da primavera e desfrutamos de catro propostas novas:
Realizar pasaixes primaverais de forma libre deixando voar a imaxinación.

Sumas manipulativas utilizando flores e pétalos. Despois animáronse a escribir estas sumas nun folio.

Coñecimos as partes dunha flor e as escribimos nun debuxo.

Convertímonos en investigadores e utilizando a lupa tiñamos que emparellar as flores que eran iguais.

Ademais realizamos outras actividades coma por exemplo:
Colocar a letra que faltaba na palabra dunhas tarxetas.
Rematamos de completar o xardín das Decenas!!!
Xogamos a un xogo no que tiñan que poñer as pinzas más vogais que aparecían nas palabras.
Fixemos un rexistro da nosa plantación de cabazas.
E rematamos a semana creando unha nota que levamos para a casa e cun bingo sobre o Camiño de Santiago.
Tamen tivemos tempo de elexir un libro para comezar a preparar unha actividade para o día do libro!!
Que teñades unha boa finde e non vos olvidedes que hoxe comezaron os retos semanais!

RETOS PARA FACER ATA FINAL DE CURSO

Dende o Equipo de Biblioteca propóñense unha serie de retos!! Cada venres descubrirase un que debemos resolver para poder realizar o Camiño e chegar a Santiago!! Nalgún deles precisamos a vosa colaboración!!

En infantil traballaremos sobre o Camiño Portugués!! Que comece a viaxe no seguinte enlace!!

Genially infantil

venres, 9 de abril de 2021

COMEZAMOS COA PRIMAVERA EN 6°E.I.

Ola familias! Esta semana cortiña comezamos a recoñecer diferentes flores, polo que as catro propostas foron:

Xogo da ruleta primaveral. Tiñan que buscar a sombra da imaxe que lle tocou na ruleta.


As cores da primavera. Tiñan que ver cada imaxe primaveral e colocar que cores podían observar nela.

Contar elementos da primavera e colocar unha pinza no número correspondente.

Unir cada flor co seu nome.

Ademais tamen realizamos outras actividades como por exemplo:
Coidado da nosa Horta e rexistro da mesma.

Investigamos no Google Maps cantos km debemos percorrer caminando dende o cole ata a Catedral de Santiago.
Apareceu na nosa aula unha planta e puxémonos a investigar de qué se trataba.
Ao rematar mes seguimos facendo o rexistro do tempo e continuamos co rexistro diario das emocións.

Xogamos a un xogo Primaveral de unir cada minúscula coa súa maiúscula.


Creamos dous novos recunchos na aula aos que poden ir libremente ao rematar as propostas.


Para seguir traballando o vocabulario do camiño xogamos a un xogo de relacionar cada sombra coa imaxe.
E para rematar a semana con enerxía o venres fixemos unha sesión de zumba que lles encantou!

E rematamos con relaxación!
Que teñades unha boa finde longa e vémonos o martes!!

A AULA DE 4 ANOS

 Esta semana de volta comezamos paseniño, aínda así traballamos moito. Aquí vos deixo como sempre algunha mostra. 😊

SUMAR.

Xa nos metemos de cheo a sumar. A verdade que moi ben, xa están preparados para facer actividades  máis difíciles.


NOME EN MINÚSCULA.
Xa que controlan perfectamente o seu nome en maiúscula ,xa lles presentei o nome en minúscula. De momento o teñemos nos percheiros e nos caixóns dos traballos, así xa o van coñecendo para escribilo para o curso que ven.



CONSTRUCCIÓNS.
Con este tempo tan bo, procuro facer actividades ó aire libre. Saímos coas pezas a facer construccións.


IGREXIÑO.
Traballo de Igrexiño peregrino.


FLORES.

Xa que chegou a primavera, hoxe estivemos a coñecer algún nome de flores e ademáis recortamos unhas fotos de flores.




Para a semana máis!!!!! 


mércores, 7 de abril de 2021

PLANTACIÓN DE SEMENTES DE CABAZA

 Aproveitando que hoxe é o "DÍA MUNDIAL DA SAÚDE", o alumnado de educación Infantil decidimos plantar sementes de cabaza, alimento moi sano. Como non nos podemos xuntar, cada clase fixo a súa  tarea de plantación. Agora a esperar que serminen!!!😀