venres, 9 de abril de 2021

COMEZAMOS COA PRIMAVERA EN 6°E.I.

Ola familias! Esta semana cortiña comezamos a recoñecer diferentes flores, polo que as catro propostas foron:

Xogo da ruleta primaveral. Tiñan que buscar a sombra da imaxe que lle tocou na ruleta.


As cores da primavera. Tiñan que ver cada imaxe primaveral e colocar que cores podían observar nela.

Contar elementos da primavera e colocar unha pinza no número correspondente.

Unir cada flor co seu nome.

Ademais tamen realizamos outras actividades como por exemplo:
Coidado da nosa Horta e rexistro da mesma.

Investigamos no Google Maps cantos km debemos percorrer caminando dende o cole ata a Catedral de Santiago.
Apareceu na nosa aula unha planta e puxémonos a investigar de qué se trataba.
Ao rematar mes seguimos facendo o rexistro do tempo e continuamos co rexistro diario das emocións.

Xogamos a un xogo Primaveral de unir cada minúscula coa súa maiúscula.


Creamos dous novos recunchos na aula aos que poden ir libremente ao rematar as propostas.


Para seguir traballando o vocabulario do camiño xogamos a un xogo de relacionar cada sombra coa imaxe.
E para rematar a semana con enerxía o venres fixemos unha sesión de zumba que lles encantou!

E rematamos con relaxación!
Que teñades unha boa finde longa e vémonos o martes!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario