Ola familias! Esta semana seguimos traballando aspectos da primavera e desfrutamos de catro propostas novas:
Realizar pasaixes primaverais de forma libre deixando voar a imaxinación.
Sumas manipulativas utilizando flores e pétalos. Despois animáronse a escribir estas sumas nun folio.
Coñecimos as partes dunha flor e as escribimos nun debuxo.
Convertímonos en investigadores e utilizando a lupa tiñamos que emparellar as flores que eran iguais.
Ademais realizamos outras actividades coma por exemplo:
Colocar a letra que faltaba na palabra dunhas tarxetas.
Rematamos de completar o xardín das Decenas!!!
Xogamos a un xogo no que tiñan que poñer as pinzas más vogais que aparecían nas palabras.
Fixemos un rexistro da nosa plantación de cabazas.
E rematamos a semana creando unha nota que levamos para a casa e cun bingo sobre o Camiño de Santiago.
Tamen tivemos tempo de elexir un libro para comezar a preparar unha actividade para o día do libro!!
Que teñades unha boa finde e non vos olvidedes que hoxe comezaron os retos semanais!
Ningún comentario:
Publicar un comentario