AULA DE 3 ANOS
Boas familias, na nosa aula comezamos o trimestre decorando as ventás con moitas flores para dar a benvida a primaveira.
Xogamos cos nosos novos bechiños na mesa de experimentación e comezamos a investigar un pouco máis sobre algún deles... O primeiro que nos interesou foi a xoaniña. Xa sabemos que as hai de moitas cores, que o seu ciclo de vida consta de 4 fases, que nacen de ovos, que teñen 6 patas... Moitísimas cousas!! Ademáis xogamos a compoñer o seu nome coas letras de madeira e descubrimos que comeza coa mesma letra que os nomes de Xoel e de Xiana.
De repente chegaron os vermes de seda da man da familia de Lucas!! E xa cambiamos de bechiño... Agora queremos saber moitas cousas deles. Pasan por moitísimas fases ao longo da súa vida e descubrimos datos moi interesantes:
- Só poden comer follas de moreira.
- Pasan por unha etapa de sono, que é cando mudan a pel.
- Nacen de ovos.
- Comen moitísimo!!
- E moitas cousas máis.
Moitas grazas familia por esta aportación e poder desfrutar de esta experiencia dunha maneira tan vivencial.
Tamén fixemos unha nova plantación en forma de bonecos. Agora temos que darlles moito de beber e ter paciencia a ver se lles medran os pelos!!
Que teñades unha boa fin de semana e ata a próxima!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario