martes, 22 de decembro de 2020

BO NADAL FAMILIAS !!

As mestras de infantil e os seus nenos, queremos desexarvos unhas felices festas!!! Vémonos no 2021 coas pilas cargadas e desexando que este virus nos abandone pronto!!



A clase de Marga.

 Ola familias. Xa rematamos o primeiro trimestre.  Deixo unhas últimas fotos da postal de Nadal e do bonitas que quedaron as nosas carpetas. Espero que pasedes un moi BO NADAL.










 A NOSA CANCIÓN DE NADAL

Premendo no seguinte enlace podedes ver a panxoliña creada por todo o alumnado do CEIP Igrexa Chapela, relacionada co proxecto de centro "O Camiño de Santiago" e coa mascota "Igrexiño" como protagonista. Moitas gracias profe Águeda, quedou unha panxoliña fantástica!!

https://youtu.be/UCHPEWr13bQ

ÚLTIMOS DÍAS DO 2020 EN 6°

Estes dous días foron un pouco especiais e os adicamos a falar do nadal e a xogar moito cós compañeirxs. Tivemos unhas propostas libres as que ían de forma libre e a única condición era non estar mais de dous.
O último día preparamos as mesas con debuxos de Nadal para adornalas e despois comemos as merendas ricas de Nadal que trouxemos da casa. 


Ademáis tivemos unha sorpresiña, xa que a profe falou con papá Noel e deunos uns renos moi bonitos polo moito que traballamos este trimestre! Así de felices quedaron cando o viron!
Vémonos no 2021!



luns, 21 de decembro de 2020

CARTA OS REIS MAGOS

 Hoxe o alumnado de infantil confeccionamos unha carta para os Reis Magos, logo levámola o noso buzón do colexio.



CUMPREANOS DE NORA

 Hoxe celebramos no colexio o cumpreanos de Nora, da clase de 4 anos. Moitas felicidades e que cumpras moitos máis. 🍰🎁🎈🎈.

BADALADAS CÓ CONCELLO DE REDONDELA

Hoxe o noso centro participou nunha iniciativa do Concello de Redondela!! Estivemos vendo un directo dende o multiusos da Xunqueira e despois as 12 fixemos as badaladas con eles! Os máis pequenos non tivemos uvas e disfrutamos de 12 gusanitos que estaban moi ricos!




venres, 18 de decembro de 2020

A CLASE DE 5º de INFANTIL

 Esta semana estivemos liados facendo traballos de Nadal. Aínda queda por rematar algunha cousiña para o luns e o martes. Deixovos algunhas mostras desta semana.

ÁRBORE DE NADAL. Por fin rematamos a árbore de Nadal feito coas piñas. Ao final do vídeo veredes en que empregamos o tiesto, que ademáis pintamos de plateado.



O SACO DE PAPÁ NOEL. Neste xogo tiñan que adiviñar sen ver, un obxeto  que había dentro do saco de Papá Noel. Foi moi divertido.



O NÚMERO 4. Fixemos este número 4 tan bonito.




CUENTO: VITO EL CERDITO. Traballamos con este conto e fixeron uns debuxos moi imaxinativos. Debuxaron ademáis o seu peluche preferido.




OS REIS MAGOS. Fixemos un traballo dos Reis Magos.

ESTRELAS DE NADAL. Decoramos unhas estrelas de Nadal.


XOGOS. Non podemos parar de traballar a motricidade fina, a atencióm...sempre a través de diferentes xogos.



ÚLTIMAS PROPOSTAS DE NADAL EN 6º DE E.I.

Esta semana estivemos moi ocupados rematando cousiñas de nadal que nos quedaban pendentes! Por fin podemos decir que temos as portadas dos nosotros traballos e as bolsas rematadas!! Quedaron moi chulas!! Son uns artistas!!


Esta semana tampouco faltaron na nosa aula as propostas que tanto lle gustan! Na primeira fixeron unhas paisaxes de nadal fermosas!! Tiñan unha imaxe que debían debuxar tendo en conta todos os detalles que nela apreciaban:

Seguimos utilizando os selos de letras que tanto lles gustan para realizar a segunda proposta. Tiñan debuxos de nadal e debían colocar ao seu lado o selo da letra pola que comezaba esa palabra.

Na terceira, tiñamos unha bandexa que contiña un tarriño con pedriñas de cores (que lles encantan), unhas tarxetas con árbores de nadal e sumas e un folio onde aparecían as mesmas sumas que nas tarxetas. Debían decorar as árbores coas pedriñas colocando tantas como lles mandaban as sumas e despois contalas e escribir o resultado final no folio.

Na seguinte había fotos de elementos de nadal e a súa sombra e debían emparexalos! Unha forma moi divertida de traballar a atención!

E para rematar coas propostas tiñamos a ruleta que tanto lles gusta, pero no lugar de letras como sempre había debuxos de nadal. Tiraban a ruleta e escribían o elemento de nadal que lles tocaba.

Tamén houbo tempo para....
Xogar coas casiñas dos números.
Estivemos troquelando para decorar e para traballar a motricidade!
Aprender utilizando os xerseis de números. Os ordeamos do 1 ao 20 e colocamos debaixo tantos elementos como nos indica o número.
Coñecimos unha rima de Tamara Chubarovsky que lles encantou!! Deixovola por aquí porque pedíronmo para poder cantala na casa!
E na nosa aula xa estamos facendo a conta atrás para ver cantos días quedan para as vacacións e para o nadal!! Que teñades unha boa fin de semana!!

sábado, 12 de decembro de 2020

Aula de 4º de Infantil 

Ola a todos/as!! Levamos uns días moi atareados coas cousiñas de Nadal. Aquí podedes ver un pouco o que estivemos facendo...

Pintamos depresores de cor verde e practicamos con eles a facer triángulos. Ao principio custounos un pouco, pero o acabamos logrando! Que iremos a facer con eles???





Fixemos a decoración para as ventás e a porta.







Elaboramos dúas botellas da calma. Encántannos, son moi hipnotizantes... Ademáis levan moito "brilli, brilli"!!!



Xogamos con espuma!! É de dicir, que ningunha imaxe é suficiente para reflexar a emoción e diversión que vivimos naquel momento! É sabido que a educación sensorial é a base de todo aprendizaxe, ademáis cada neno/a aproveitou para desenvolver a súa creatividade, trazo, esquema corporal, escritura do nome... En definitiva, foi un éxito!! Repetiremos, iso segurísimo!!



E ata aquí podemos amosar. Vémonos pronto!!

venres, 11 de decembro de 2020

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 Estes 3 días seguimos a facer un montón de actividades. Aquí vos deixo unha mostra.

PAPÁ NOEL: coloreamos e puxemos barba a este papá Noel.


ÁRBOL DE NADAL:  puzzle de árbol de Nadal. Quedaron moi bonitos.



MESA DE EXPERIMENTACIÓN: traballamos a motricidade fina.


TIESTO: estivemos facendo un tiesto con plastilina, para que??? SORPRESA,
a próxima semana o descubrirei.😄