venres, 18 de decembro de 2020

ÚLTIMAS PROPOSTAS DE NADAL EN 6º DE E.I.

Esta semana estivemos moi ocupados rematando cousiñas de nadal que nos quedaban pendentes! Por fin podemos decir que temos as portadas dos nosotros traballos e as bolsas rematadas!! Quedaron moi chulas!! Son uns artistas!!


Esta semana tampouco faltaron na nosa aula as propostas que tanto lle gustan! Na primeira fixeron unhas paisaxes de nadal fermosas!! Tiñan unha imaxe que debían debuxar tendo en conta todos os detalles que nela apreciaban:

Seguimos utilizando os selos de letras que tanto lles gustan para realizar a segunda proposta. Tiñan debuxos de nadal e debían colocar ao seu lado o selo da letra pola que comezaba esa palabra.

Na terceira, tiñamos unha bandexa que contiña un tarriño con pedriñas de cores (que lles encantan), unhas tarxetas con árbores de nadal e sumas e un folio onde aparecían as mesmas sumas que nas tarxetas. Debían decorar as árbores coas pedriñas colocando tantas como lles mandaban as sumas e despois contalas e escribir o resultado final no folio.

Na seguinte había fotos de elementos de nadal e a súa sombra e debían emparexalos! Unha forma moi divertida de traballar a atención!

E para rematar coas propostas tiñamos a ruleta que tanto lles gusta, pero no lugar de letras como sempre había debuxos de nadal. Tiraban a ruleta e escribían o elemento de nadal que lles tocaba.

Tamén houbo tempo para....
Xogar coas casiñas dos números.
Estivemos troquelando para decorar e para traballar a motricidade!
Aprender utilizando os xerseis de números. Os ordeamos do 1 ao 20 e colocamos debaixo tantos elementos como nos indica o número.
Coñecimos unha rima de Tamara Chubarovsky que lles encantou!! Deixovola por aquí porque pedíronmo para poder cantala na casa!
E na nosa aula xa estamos facendo a conta atrás para ver cantos días quedan para as vacacións e para o nadal!! Que teñades unha boa fin de semana!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario