Esta semana, ainda que foi cortiña, tivemos tempo de realizar algunhas actividades, pero só disfrutamos de tres propostas.
Na primeira seguimos traballando o vocabulario de nadal, pero esta vez creaban a palabra sen mirar a tarxeta, despois a correxían e por último debían colocala nun papel.
Na segunda proposta retomamos as series con elementos de nadal:
E na última, fixemos uns grafismos creativos de nadal que nos quedaron moi chulos!
Aproveitamos para rematar o adorno que levamos para a árbore de casa. Este ano enchimos unhas bolas coas súas fotos e con boliñas. Despois fixeron na bola debuxos de Nadal!! Van a quedar moi bonitas nas árbores de casa!
Quitamos a mesa de outono e montamos un novo recuncho de nadal, ao que poden ir de forma libre cando rematen as actividades. Consiste en decorar árbores de nadal!
Antes de desmontar a mesa de outono, aproveitamos os elementos para traballar os conceptos grande/pequeno e para facer agrupacións.
Seguimos có traballo do vocabulario de Nadal e utilizamos un xogo dun taboleiro. Debían tirar os dados e decir a palabra que lle tocaban e a letra pola que comeza.
Antes de realizar a proposta das series practicamos as series de Nadal todos xuntos en asamblea!
Ningún comentario:
Publicar un comentario