sábado, 12 de decembro de 2020

Aula de 4º de Infantil 

Ola a todos/as!! Levamos uns días moi atareados coas cousiñas de Nadal. Aquí podedes ver un pouco o que estivemos facendo...

Pintamos depresores de cor verde e practicamos con eles a facer triángulos. Ao principio custounos un pouco, pero o acabamos logrando! Que iremos a facer con eles???





Fixemos a decoración para as ventás e a porta.







Elaboramos dúas botellas da calma. Encántannos, son moi hipnotizantes... Ademáis levan moito "brilli, brilli"!!!



Xogamos con espuma!! É de dicir, que ningunha imaxe é suficiente para reflexar a emoción e diversión que vivimos naquel momento! É sabido que a educación sensorial é a base de todo aprendizaxe, ademáis cada neno/a aproveitou para desenvolver a súa creatividade, trazo, esquema corporal, escritura do nome... En definitiva, foi un éxito!! Repetiremos, iso segurísimo!!



E ata aquí podemos amosar. Vémonos pronto!!

2 comentarios:

  1. 😍😍😍😍😍 yo quiero ir a ese cole también. Lo pasan genial pero Cristian dice que soy muy mayor 😅😅. Gracias por todo.

    ResponderEliminar