venres, 4 de decembro de 2020

COMEZAMOS COAS PROPOSTAS NAVIDEÑAS EN 6° DE E.I.

Esta semana estivemos con cinco propostas novas coa temática do Nadal.

Na primeira tiñan que decorar unha árbore de Nadal.

A segunda foi moi motivante porque fixemola na mesa de luz. Debían colocar unha estrela con un número la árbore e despois coas pinzas poñer tantos pompons como nos indicaba o número.
Na terceira debían recortar un puzzle de papel E montalo seguindo o modelo. 
Na cuarta debían debuxar a metade da cara que lle faltaba a papá Noel. Tiñan un modelo para ver por si había dúbidas.
E na última formaban palabras de Nadal coas letras axudándose das tarxetas.
Ademais, tamen seguimos coa iniciación as minúsculas.
Fixemos un novo xogo de cartas no que as agrupaban polo número, despois as ordeaban e por último poñian elementos en cada unha tendo en conta o número.

Comezamos co noso calendario para facer a contar atrás para o Nadal.
Decoramos  as fiestras con calcetíns e fixemos debuxos con rotus nelas. 
Traballamos as simetrías con pegatinas.
E ademáis fixemos moitas sorpresiñas de Nadal que levaremos para a casa!
Que teñades unha boa finde longa!

Ningún comentario:

Publicar un comentario