xoves, 24 de xuño de 2021

ÚLTIMOS DÍAS DE XOGOS EN 4º DE E.I. 

Boas familias! A pesar de que non puidemos facer a festa da auga, estes últimos días no cole pasámolo moi ben porque xogamos moito, moito, moitísimo!! Velaí van unhas imaxes representativas de todo o que fixemos.

XOGAMOS COS NOSOS XOGOS PREFERIDOS E BAILAMOS MOITO!! E TAMÉN ESPIAMOS AOS NOSOS VECIÑOS DA CLASE DE 5 ANOS POR DEBAIXO DA PORTA!!


XOGAMOS COA AUGA E APROVEITAMOS PARA LAVAR OS XOGUETES. ADEMÁIS DE REMATAR ALGÚN TRABALLIÑO PENDENTE...



FIXEMOS POMPAS DE XABÓN E XOGAMOS A PILLALAS!



A pesar de ser un curso diferente, pasámolo moi ben!!

Moitísimas gracias a tod@s por todo. Desexo que teñades un moi bó verán e o desfrutedes ao máximo.

E recordade... "Nada enciende más la mente de un niño como jugar" (Stuart Brown)



mércores, 23 de xuño de 2021

DESPEDIDA 6° E.I.

Etapas que rematan e outras que comezan!! Moi contenta de poder compartir convosco estes dous cursos!!

Grazas por todos eses momentos de risas, aprendizaxes, xogos...  Moita sorte nesta nova etapa meus nenxs maiores!!! 

Disfrutade moito do verán!!!


Deixovos un video para que recordedes o voso paso por infantil:

martes, 22 de xuño de 2021

ANIVERSARIO CARMEN

Seguimos coa celebración dos aniversarios de verán!! Carmen cumpre 6 anos en agosto pero hoxe fixemoslle unha pequena festiña para que disfrutase cos seus compañeirxs do seu aniversario!


venres, 18 de xuño de 2021

BAILE GRADUACIÓN 6ºE.I.

 Este ano foi un curso raro que non nos permitiu poder disfrutar dun acto de graduación dxs pequenxs que abandonan esta etapa de infantil e convértense en nenxs maiores de primaria! Por iso na aula decidimos facer uns birretes moi chulos e preparar un baile con moito cariño para que as nosas familias puideran desfrutar das nosas habilidades musicais! Esperamos o disfrutedes moito con el!!


ÚLTIMAS PROPOSTAS EN INFANTIL

Ola familias! Esta semana volvimos adicarnos a desfrutar dos nosos últimos días en infantil e tamén tivemos tempo para cinco propostas libres:
1. Xogo da ruleta de emparellar obxectos que comezan pola mesma letra.

2. Completar a lámina seguindo as indicacións das cores cos paos.



3. Unir cada sombra de pedras coa súa parella.


4. Completar as tarxetas de palabras coas vogais que faltan.


5. Seguimos có traballo da taboa do 100 e completamos os ocos cos números que faltan.
Tamén fixemos un xogo no que tirábamos os dedos e tiñamos que adiviñar o número que nos tocaba.
Levamos a cabo tareas da vida práctica: xogamos coa auga e a utilizamos para lavar os cacharriños da cociña.

Demos por rematado o proxecto e elaboramos os nosos propios diplomas.
Xogamos coa realidade aumentada e apareceron moitos animais na nosa aula. Con esta actividades pasarono xenial!!

E xogamos e desfrutamos moito xuntos dos últimos días de cole!!



 Que teñades unha boa fin de semana!

xoves, 17 de xuño de 2021

CONCERTO PAKOLAS

 Hoxe no noso colexio tivemos un concerto "PAKOLAS", foi moi divertido e pasámolo moi ben.👏👏






martes, 15 de xuño de 2021

CUMPREANOS

 Ola familias, esta semana estamos a celebrar os cumpreanos dos alumn@as que cumpren no verán, pasámelo fenomenal e desexámoslle moitas felicidades da antemán.








venres, 11 de xuño de 2021

AULA DE 4º E.I. 

Boas familias! Estes días estamos ultimando algunhas cousiñas que nos quedan por rematar.

  • Manualidade con cunchas, que foi o último reto do curso: fixemos uns marcos de fotos chulísimos.


  • Tamén aproveitamos as cunchas para traballar a motricidade fina e a coordinación óculo-manual facendo mandalas.


  • Tivemos a visita duns poliños moi especiais. Moitas grazas á familia de Einar, encantounos telos na nosa aula!!



  • Como todos os días fixemos reconto das novas plantas de xirasois que van saíndo...


  • Trasvases coas boliñas de xel. Duraron pouco, pero o xogo foi intenso!!


  • Preparamos as portadas dos traballos do 3º trimestre cunhas técnicas moi especiais: primeiro pintamos sobre papel de aluminio, despois pulverizamos un pouco de auga e por último pusimos unha cartolina enriba e xa obtivemos a nosa obra de arte. Unha vez seco fixemos un pouquiño de maxia xa que enchíamos a cartolina de area, dicíamos as palabras máxicas e "tachán", aparecía o noso nome!!!



  • Preparamos as bolsas para levar todo o material. Canto traballiño!!



  • Arte libre!!! Non puido quedar máis fermoso...


  • Subimos ao ximnasio a xogar libremente!!


E isto é todo de momento. Xa queda moi pouquiño para rematar, pero aproveitaremos para xogar e estar xuntos ata o último segundo!















PROPOSTAS LIBRES EN 6°E.I.

Ola familias! Este mes imos adicarnos a xogar moito e a desfrutar dos últimos días na etapa de infantil.

Esta semana tivemos cinco propostas libres:

1. Facer grafismos nun caracol.


2. Adiviñar que se agochaba no bote e escribir os nomes dos obxectos.


3. Colocar no animal a inicial pola que comeza o seu nome.


4. Elaborar sumas manipulativas cós policubos.

5. Unir as metades das flores para traballar a atención.


Ademais rematamos o traballo do proxecto de centro!! Decoramos unhas cunchas e elaboramos unhas coroas cos elementos do Camiño. Somos uns expertos xa!!



Decoramos as nosas bolsas e as nosas portadas para os traballiños do terceiro trimestre.


Xogamos coas flores de forma libre a facer letras e formas xeométricas.
Coloreamos moito.

Manipulamos na mesa de experimentación con area e cunchas.

Bailamos moito.

Desfrutamos do xogo libre!

E tivemos un acontecemento especial: Valentina e Marco perderon os seus primeiros dentes!! 

Que teñades unha boa fin de semana!