Ola familias! Esta semana cortiña estivemos coñecendo máis cousiñas sobre as abellas a través de catro propostas novas que foron:
1. Realizamos a simetría dunha abella:
2. Coñecemos as partes do traxe do apicultor:
3. Descubrimos como se fai a mel e ordenamos a secuencia:
4. Traballamos a orientación espacial e os conceptos pequeno, grande e mediano con cadros de dobre entrada:
Ademais realizamos outras actividades coma por exemplo:
- Sumas e restas con colmenas e abellas:
- Experimentamos con xeo, auga, flores e sal:
- Levamos a cabo retos de resolver puzzles de moitas pezas:
- Fixemos marcos moi chulos con cunchas:
-Elaboramos a nosa propia colmena:
- Realizamos uns crucigramas de números tendo en conta a táboa do 100:
- Coñecimos novos lugares polos que pasa o Camiño e observamos a catedral con fotos que nos trouxo Valentina da súa visita a Santiago:
- Probamos mel pero non triunfou moito:
Ademais levamos toda a semana coñecendo as tradicións do noso pobo a través da danza de espadas e da lenda da coca. O venres adicámolo a preparar a indumentaria que se utiliza na danza e realizamos unha representación da mesma!! Foi moi divertido!!
Repasamos as formas xeométricas facéndoas na danza!
Que teñades unha boa fin de semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario