venres, 18 de xuño de 2021

ÚLTIMAS PROPOSTAS EN INFANTIL

Ola familias! Esta semana volvimos adicarnos a desfrutar dos nosos últimos días en infantil e tamén tivemos tempo para cinco propostas libres:
1. Xogo da ruleta de emparellar obxectos que comezan pola mesma letra.

2. Completar a lámina seguindo as indicacións das cores cos paos.



3. Unir cada sombra de pedras coa súa parella.


4. Completar as tarxetas de palabras coas vogais que faltan.


5. Seguimos có traballo da taboa do 100 e completamos os ocos cos números que faltan.
Tamén fixemos un xogo no que tirábamos os dedos e tiñamos que adiviñar o número que nos tocaba.
Levamos a cabo tareas da vida práctica: xogamos coa auga e a utilizamos para lavar os cacharriños da cociña.

Demos por rematado o proxecto e elaboramos os nosos propios diplomas.
Xogamos coa realidade aumentada e apareceron moitos animais na nosa aula. Con esta actividades pasarono xenial!!

E xogamos e desfrutamos moito xuntos dos últimos días de cole!!



 Que teñades unha boa fin de semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario