Ola familias! Este mes imos adicarnos a xogar moito e a desfrutar dos últimos días na etapa de infantil.
Esta semana tivemos cinco propostas libres:
1. Facer grafismos nun caracol.
2. Adiviñar que se agochaba no bote e escribir os nomes dos obxectos.
3. Colocar no animal a inicial pola que comeza o seu nome.
4. Elaborar sumas manipulativas cós policubos.
5. Unir as metades das flores para traballar a atención.
Ademais rematamos o traballo do proxecto de centro!! Decoramos unhas cunchas e elaboramos unhas coroas cos elementos do Camiño. Somos uns expertos xa!!
Decoramos as nosas bolsas e as nosas portadas para os traballiños do terceiro trimestre.
Xogamos coas flores de forma libre a facer letras e formas xeométricas.
Coloreamos moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario