venres, 11 de xuño de 2021

AULA DE 4º E.I. 

Boas familias! Estes días estamos ultimando algunhas cousiñas que nos quedan por rematar.

  • Manualidade con cunchas, que foi o último reto do curso: fixemos uns marcos de fotos chulísimos.


  • Tamén aproveitamos as cunchas para traballar a motricidade fina e a coordinación óculo-manual facendo mandalas.


  • Tivemos a visita duns poliños moi especiais. Moitas grazas á familia de Einar, encantounos telos na nosa aula!!



  • Como todos os días fixemos reconto das novas plantas de xirasois que van saíndo...


  • Trasvases coas boliñas de xel. Duraron pouco, pero o xogo foi intenso!!


  • Preparamos as portadas dos traballos do 3º trimestre cunhas técnicas moi especiais: primeiro pintamos sobre papel de aluminio, despois pulverizamos un pouco de auga e por último pusimos unha cartolina enriba e xa obtivemos a nosa obra de arte. Unha vez seco fixemos un pouquiño de maxia xa que enchíamos a cartolina de area, dicíamos as palabras máxicas e "tachán", aparecía o noso nome!!!



  • Preparamos as bolsas para levar todo o material. Canto traballiño!!



  • Arte libre!!! Non puido quedar máis fermoso...


  • Subimos ao ximnasio a xogar libremente!!


E isto é todo de momento. Xa queda moi pouquiño para rematar, pero aproveitaremos para xogar e estar xuntos ata o último segundo!















Ningún comentario:

Publicar un comentario