Moitas felicidades para Xulia, que hoxe cumpre 4 anos. Que o pases moi ben e cumpras moitos máis !!!
🎈🎈🎉🍰
Moitas felicidades para Xulia, que hoxe cumpre 4 anos. Que o pases moi ben e cumpras moitos máis !!!
🎈🎈🎉🍰
Ola familias, seguimos a traballar moito na nosa aula. Seguimos a facer pequenos proxectos e actividades variadas.
Aquí vos deixo algunha mostra unha semana máis.
Outra semana máis chegan as propostas a nosa aula! Esta semana tocou descubrir un elemento de outono: a Cabaza! Gracias profe Marga por deixarnos a cabaza da túa aula para que poidamos investigar qué tiña por dentro.
AULA DE 3 ANOS
Ola a todos/as, xa estamos outra vez por aquí para ensinarvos algunhas das cousiñas que fixemos os últimos días.
Temos unha nova adquisición na aula: unha caixa de luz!! Encántanos traballar e xogar con ela, é moi motivador.
Tamén comezamos a recoñecer o noso propio nome, clasificámolo tendo en conta a súa inicial, contamos as súas letras e os ordenamos dende o máis longo ao máis curto. Xa sabemos que o nome máis longo da clase é Valentina e o máis curto é o de Mía.
Como xa sabemos facer moi ben os círculos decidimos facer unha actividade moi divertida: estampar círculos de cores con tubos de papel hixiénico!!
Outra cousa que nos gusta facer para relaxarnos é Ioga, por iso dedicamos algunhas sesións a facelo...
Ata a próxima!!
Esta semana rematamos algun proxecto que xa empezara con anterioridade, traballamos cos novos xogos e imos comezar o proxecto de centro, "IGREXIÑO FAI O CAMIÑO".
Espero vos guste.
A LETRA I.
Outra semana máis, aparecen na nosa aula novas propostas que acollemos con moito interés. Foron as seguintes:
Traballamos as diversas froitas que podemos atopar en outono se vistamos unha frutería ou se temos árbores frutais na casa. Despois deben coller a tarxeta que só ten o debuxo da froita e crear o nome utilizando as letras de madera. A continuación collen a tarxeta que ten o debuxo e o nome e o corrixen, para finalizar escribindo a palabra con lapis no seu sitio correspondente.
Aproveitando que empezan a circular as mochilas viaxeiras, hoxe comezamos a falar do proxecto de centro que nos acompañará todo o curso escolar. Para comezalo estivemos falando do que sabemos do Camiño de Santiago e o que nos gustaría investigar del durante o curso!
Ola familias,
Dende mañá partirán as vosas casas as mochilas viaxeiras, que conteñen cousiñas sobre o proxecto do centro: Igrexiño fai o camiño! Podedes disfrutar en familia do seu contido e aportar algo a aula relacionado có proxecto.
As mochilas viaxarán o venres e voltarán o xoves da semana seguinte! É moi importante cumprir cós plazos de entrega para poder tela una semana no cole en desinfección!
Moitas grazas pola vosa colaboración!