Outra semana máis, aparecen na nosa aula novas propostas que acollemos con moito interés. Foron as seguintes:
Traballamos as diversas froitas que podemos atopar en outono se vistamos unha frutería ou se temos árbores frutais na casa. Despois deben coller a tarxeta que só ten o debuxo da froita e crear o nome utilizando as letras de madera. A continuación collen a tarxeta que ten o debuxo e o nome e o corrixen, para finalizar escribindo a palabra con lapis no seu sitio correspondente.
Na seguinte tiñan que realizar unha paisaxe otoñal. Para iso debían cubrir a árbore con plastilina e despois coa troqueladora facer follas para colocalas donde máis lle guste. As obras de arte quedaron moi chulas!
Outra proposta consistía en crear palabras utilizando as letras que forman o noso nome.
Na cuarta proposta tiñan que elaborar a parte que lle faltaba a folla de outono e despois decorala da forma que máis lle gustara.
Na última proposta volvimos a repasar os números utilizando as casiñas dos números. Nesta ocasión tivemos que cubrir a casiña do 10 e completar cós números que faltaban.
Tamén xogamos coa mesa do outono manipulando todos os elementos que alí hai e deixando voar a imaxinación metendo nesa mesa as monecas de madeira que alí están:
Probamos novos xogos esta semana:
E aproveitando o bo tempo xogamos o aire libre!
QUE TEÑADES UNHA BOA FIN DE SEMANA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario