SEMANA DO SAMAÍN NA AULA DE 4ºE.I.
Comezamos co conto "¡Fuera de aquí, horrible monstruo verde!, non nos deu nadiña de medo, e entre todos o fixemos desaparecer!! Tamén desfrutamos moito cun quebracabezas do monstruo, co cal repasamos as partes da cara.
Fixemos grafismo creativo con motivos de Samaín, cada vez nos saen mellor as liñas.
Mesa sensorial terrorífica: nela tiñan que atopar elementos relacionados co Samaín e clasificalos. Unha experiencia xenial!
Clasificamos morcegos: grande e pequeno. Os contamos.
Asociamos cada cabaza coa figura correcta. Tivemos que estar moi atentos/as para logralo, pero o fixemos moi ben!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario