Outra semana máis chegan as propostas a nosa aula! Esta semana tocou descubrir un elemento de outono: a Cabaza! Gracias profe Marga por deixarnos a cabaza da túa aula para que poidamos investigar qué tiña por dentro.
Aproveitando este descubrimento, a primeira proposta foi sobre unha cabaza. O primeiro que tiñamos que facer era ver as súas partes que completar estas palabras nunha lámina na que non tiña posto os nomes! Despois tiñamos que escribir estas palabras.
Seguindo coas cabazas, noutra proposta debían emparellar a cabaza coa súa sombra correspondente:
Na terceira proposta, aproveitando o millo que debullamos semanas anteriores, fixemos un lapiceiro. Esta semana non o puidemos levar para a casa porque algúns aínda tiñan que secar.
A última proposta tamén estaba relacionada con dados. Nesta ocasión tiraban dous dados, sumaban o seu resultado e colocaban ese número na columna do medio dunha táboa. Despois debían completar có número anterior e posterior. Se tiñan algunha dúbida poidan utilizar a táboa do 100 para saber cal vai antes e cal vai despois.
E ata aquí as propostas desta semana!! Pero como todas as semanas, non só facemos propostas,xa que realizamos moitas actividades máis! Esta semana tocou facer...
- Seguir có traballlo dos nomes en minúscula:
- Volvimos a xogar có noso robot de aula Doc! No que nos pide que o levemos a determinados sitios do taboleiro e temos que indicarlle o camiño! Aínda nos custa un pouquiño pero utilizando as tarxetas e con axuda pouco a pouco vamos traballando a lateralidade!
- Apareceu na nosa aula un novo reto: completar a táboa do 100!! De momento temos axuda e debemos colocar cada número encima do número da táboa, pero o reto consiste en ir quitando pouco a pouco esta axuda e conseguir facelo sen mirar!! A ver quen se atreve!!
- Tamén xogamos cunhas cartas xigantes que temos na aula:
- Fixemos a nosa sesión de xogos de mesa cun xogo novo:
E rematamos a semana facendo unha sesion de ioga infantil na que fixemos as posturas dos animais que aparecían na pantalla! Foi moi relaxante e ideal para rematar unha semana de traballo!
Que teñades un bo finde e voltaremos a seguinte semana con máis propostas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario