venres, 13 de novembro de 2020

 AULA DE 3 ANOS

Ola a todos/as, xa estamos outra vez por aquí para ensinarvos algunhas das cousiñas que fixemos os últimos días.

Temos unha nova adquisición na aula: unha caixa de luz!! Encántanos traballar e xogar con ela, é moi motivador.



Tamén comezamos a recoñecer o noso propio nome, clasificámolo tendo en conta a súa inicial, contamos as súas letras e os ordenamos dende o máis longo ao máis curto. Xa sabemos que o nome máis longo da clase é Valentina e o máis curto é o de Mía.




Como xa sabemos facer moi ben os círculos decidimos facer unha actividade moi divertida: estampar círculos de cores con tubos de papel hixiénico!!


Outra cousa que nos gusta facer para relaxarnos é Ioga, por iso dedicamos algunhas sesións a facelo...


Ata a próxima!!

2 comentarios:

  1. Me encanta todo.😍😍. Cristián va encantado al cole y ya se sabe casi todas las letras así que muchas gracias al trabajo que hace su profe.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Muchas gracias🥰!! Aprenden jugando y manipulando.Lo pasan genial!

      Eliminar