sábado, 30 de xaneiro de 2021
DÍA DA PAZ EN EDUCACIÓN INFANTIL
venres, 29 de xaneiro de 2021
5º EDUCACIÓN INFANTIL
Ola familias!!
Outra semana máis de traballo, nesta semana traballamos o día da paz, a letra u, maiúscula e minúscula, un pouco o inverno e como sempre un conto. Para rematar fixen neve artificial, pero esta vez utilizando outros materiais.
XOGO I,U
Neste xogo o alumnado tiña uns debuxos que pegaban no lugar correspondente, según levara letra i ou u.
EL REY U
SEGUIMOS CÓ INVERNO EN 6º DE E.I.
Outra semana máis as nosas propostas están relacionadas có inverno. Esta semana para empezar a ser máis autónomos elixen eles que proposta queren facer cada día. Deben ir ao moble das propostas e coller a bandexa e teñen como normas que deben ordear ao rematar e non poden facer a mesma dúas veces na semana! Gústalles moito ter responsabilidades como os maiores.
As propostas que tiñan preparadas esta semana foron:
Realizamos grafismos creativos nunhas manoplas!! Nunha bolsilla tiñan tarxetas con diferentes grafos: liñas, curvas, puntos, ondas... Debían coller unha destas tarxetas cós ollos pechados e realizar esas formas que nelas aparecían nun dos ocos das manoplas! Pasáronno moi ben realizando esta actividade. Remataban cando todos os ocos quedaban cubertos e despois as recortaban e as utilizamos para decorar a aula.
CUMPREANOS DE GEREMI
Hoxe celebramos o cumpreanos de Geremi, da clase de 4 anos. Xa cumplíu 5 anos. Moitas felicidades e a disfrutalo!!!!.
xoves, 28 de xaneiro de 2021
CARTA A IGREXIÑO EN 5 ANOS
venres, 22 de xaneiro de 2021
AULA DE 4 ANOS.
Ola familias!!! outra semana máis traballando a tope. Deixovos algunhas actividades que fixemos estes días.
NÚMEROS.
Seguimos a traballar os números contando, con estes bonitos xerseis de inverno.😀
Aula de 3 anos
SEGUIMOS CÓ INVERNO EN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Esta semana, ademais de avanzar có proxecto, tamén continuamos traballando o inverno e, por iso, realizamos as seguintes propostas:
Realizar folerpas de inverno seguindo unhas directrices. Podían elexir se para facelo querían celo ou anacos de papel. Unha vez realizada a folerpa seguindo os pasos, estampamos nese folio témpera azul axudándonos dunha esponxa. Para rematar deixábamos secar e despegabamos os anacos de papel ou o celo para adornar con sal! Quedaron moi bonitos! Son uns artistas!