venres, 29 de xaneiro de 2021

5º EDUCACIÓN INFANTIL

 Ola familias!!

Outra semana máis de traballo, nesta semana traballamos o día da paz, a letra u, maiúscula e minúscula, un pouco o inverno e como sempre un conto. Para rematar fixen neve artificial, pero esta vez utilizando outros materiais. 

XOGO I,U

Neste xogo o alumnado tiña uns debuxos  que pegaban no lugar correspondente, según levara letra i ou u.



EL REY U
Escribimos a letra U.

CONTO: "FEROZ E MAULLÍN"
Xa que esta semana celebrábase o día da paz, aproveitei a traballar un conto sobre esta temática. Como sempre os debuxos preciosos.


O INVERNO.
Puzzle con paixase de inverno. Traballase a motricidade fina, o recortado e o pegado.


NEVE ARTIFICIAL
Esta semana fixen outra vez neve artificial pero utilizando outros materiais: maizena e crema suavizante para o pelo. Pasáronno fenomenal.


Ningún comentario:

Publicar un comentario