venres, 29 de xaneiro de 2021

SEGUIMOS CÓ INVERNO EN 6º DE E.I.

Outra semana máis as nosas propostas están relacionadas có inverno. Esta semana para empezar a ser máis autónomos elixen eles que proposta queren facer cada día. Deben ir ao moble das propostas e coller a bandexa e teñen como normas que deben ordear ao rematar e non poden facer a mesma dúas veces  na semana! Gústalles moito ter responsabilidades como os  maiores.

As propostas que tiñan preparadas esta semana foron:

Realizamos grafismos creativos nunhas manoplas!! Nunha bolsilla tiñan tarxetas con diferentes grafos: liñas, curvas, puntos, ondas... Debían coller unha destas tarxetas cós ollos pechados e realizar esas formas que nelas aparecían nun dos ocos das manoplas! Pasáronno moi ben realizando esta actividade. Remataban cando todos os ocos quedaban cubertos e despois as recortaban e as utilizamos para decorar a aula.


Esta semana a lectoescritura traballámola utilizando unhas tarxetas de inverno. Nelas aparecía unha imaxe e tres palabras. Debían colocar unha pinza na palabra que se correspondía có debuxo!

Outra proposta consistía en observar moi ben unha lámina e descubrir que copo non era igual aos do resto da súa fila. Traballamos moito a atención porque tiñan que fixarse moito para saber cal era o intruso.

Practicamos a realización das sumas de forma divertida. Tiñamos que axudar a un pingüín a descubrir cantos peixes comía e para iso tiñamos o seguinte material: o pingüín, unhas cestas de números, os números de madeira, uns dados, uns peixes vermellos, uns peixes azuis e unha lámina de suma en vertical. Tiraban os dous dados e un deles correspondíase co número de peixes vermellos e o outro có número de peixes azuis. No cadrado vermello da lámina de sumas colocaban o número de madeira que lles marcaba o dado correspondente e facían o mesmo có azul. Fixándose nestes números, debían saber cantos peixes azuis e vermellos tiñan que colocar nunha caixiña, para despois contar este número de peixes totais. Finalmente no resultado da lámina colocaban o cesto có número total da suma dos peixes.

E a última das propostas consistía en ordear os números de menor a maior e contar cantos copos había en cada tarxeta. Debían colocar cada tarxeta de copos debaixo do seu número correspondente.

Ademais esta semana convertimos a mesa de luz nunha mesa de inverno que nos vai acompañar durante unhas semanas. Para iso puxemos nela un boneco de neve cuns complementos que poden utilizar para vestilo. Aquí poden ir a divertirse ao rematar a proposta!
Esta semana foi un pouco especial porque a adicamos principalmente ao traballo do proxecto e estivo relacionada có día da paz que se celebra o día 30 de xaneiro. Para iso utilizamos o conto "Palabras con corazón". Gústoulles moito e con él comprendimos a importancia que teñen as palabras que dicimos.
Para traballalo falamos de palabras bonitas  e despois realizamos unha actividade que consistía en que un compañeiro se sentara diante de todos e que lle foramos dicindo palabras bonitas sobre o que nos gustaba del. Tamén con este libro falamos do importante que sería utilizar máis palabras bonitas para que sempre teñamos paz. Dixemos palabras que nos recordan a paz e escribimos cada un unha palabra nunha pomba.

Como estas palabras saen do noso corazón, escoitamos o corazón dos nosos compañeiros utilizando un estetoscopio. Foi moi divertido!
Xogamos a un xogo con copos de diferentes tamaños, formas e cores. Ordenamos estes copos de maior a menor e de menor a maior. Tamén utilizamos unhas tarxetas que nos indicaban que tipo de copos deberiamos coller en función do seu tamaño, forma ou cor.
Non nos olvidamos de seguir coas nosas rutinas do traballo da táboa do 100 e das decenas con paos. pompóns, coa recta numérica...
E finalizamos coa decoración das ventás cós copos que realizamos coas botellas que trouxeron das casas quedando asi:
Que teñades unha boa fin de semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario