FLORES E ANIMAIS DE PRIMAVERA EN 4º E.I.
Estes días estivemos traballando moito coas flores que trouxeron os peques da casa para superar o reto. Teño que agradecer a vosa colaboración para que poideramos facer todas estas actividades. Velaí vai todo o que fixemos:
- Coas tarxetas de cores de Montessori estivemos buscando as cores que correspondían a cada grupo de flores.
- Fixemos un experimento que consistía en extraer a cor das flores e... o conseguimos!!
- Coas cores resultantes do experimento quixemos probar se podíamos pintar con elas, así que púxemonos mans á obra. Descubrimos que algo de cor sí que collían os nosos debuxos, pero moi clariño.
- Manualidade "Medallóns de flores": empregamos pasta que seca ao aire e aproveitamos para traballar un pouco coas mans, xa que parecía plasti, pero máis blandiña. Primeiro fixemos unha bola, despois aplastamos coa man, de seguido puxemos unha flor e botamos cola branca. Quedaron xeniais!!
- Xa por último, empregamos as flores que sobraron para xogar con elas a facer "comidiñas".
Por outra banda estivemos seguindo o crecemento dos nosos xirasois e aproveitamos para repasar as fases polas que pasa unha planta dende que é semente ata que se converte en planta.
Tamén traballamos e reforzamos os nosos dediños coa plasti.
E o que máis nos gusta... os animaliños que nos veñen a visitar ao patio e á aula.
Temos no patio unha vacaloura enorme que nos ven visitar de vez en cando.
Ademáis tivemos a sorte de que tamén viñeron á nosa aula os caracois que teñen os nenos/as maiores no piso de arriba.
E xa para rematar, os nosos vermes de seda xa se converteron case todos en bolboretas e puxeron ovos!! É moi emocionante vivir todo o proceso en primeira persoa e observar todos os movementos que fan estes animaliños para medrar, facer o casulo, saír do casulo, aparearse, poñer ovos... Todos/as estamos abraiados.
Desexando chegar o luns á aula para seguir observando. Que teñades boa fin de semana!!