venres, 21 de maio de 2021

OS POLIÑOS EN 6°E.I.

Ola familias! Para a elaboración das catro propostas desta semana tiven en conta o interese sobre os poliños que viñeron a aula a semana pasada:

1. Aprender as partes do poliño. Unimos cada nome coa súa parte do corpo.


2. Debuxamos un poliño seguindo os pasos.

3. Conteo de poliños traballando os números ata o 20. Debían marcar na tarxeta coa pinza cantos había.

4. Ciclo de vida da galiña. Ordeando as figuras.

Ainda que a semana foi cortiña, tivemos tempo para outras actividades:
Seguimos traballando as simetrías con espellos, nesta ocasión fixémolo con figuras xeométricas na mesa de luz.

Introducimos unha nova rutina na asamblea: un tarro con palabras!!! Cada día o responsable da asamblea debe intentar, con axuda dxs seus compañeirxs, leer unha palabra! Foi moi motivador!!
Fixemos letras maiúsculas e minúsculas con plastilina!
Realizamos o experimento do ovo en vinagre! Fixeron as súas hipóteses e despois de observarlo durante dous días descubrimos que o ovo púxose blando!!
A familia de Marco e Bruno enviaron fotos da súa visita a catedral e puidemos seguir traballando con elas sobre o proxecto.
Tamen fixemos algunhas actividades coas flores que enviachedes!! Fixemos un experimento, contamos flores, quitamos os pétalos, e ata agrupamos as flores por cores!! Para a semana seguiremos traballando con flores!
Fixemos obras de arte realizando poliños con tapóns e uns poliños moi bonitos con plastilina.

E aproveitamos que hoxe tivemos aniversario para montar unha festa na aula!!

Que teñades unha boa finde!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario