venres, 14 de maio de 2021

 4º DE INFANTIL

Na nosa aula estivemos traballando coas cunchas que trouxéstedes. Estivémolas clasificando pola súa forma e tamaño, as contamos, asociamos o número á cantidade correspondente... E deste xeito traballamos as mates de forma manipulativa. Pero aquí non queda a cousa, xa que temos pensado facer moitas actividades máis con elas. Moitas gracias pola vosa colaboración!




Grafismo creativo: facemos flores partindo dun círculo xa dado. Primeiro practicamos na pizarra e despois plasmamos no papel. Quedaron xeniais!


Xogamos con "pezas soltas" de cartón: durante un tempo estivemos xuntando pedazos e tubos de cartón. Agora que xa temos bastantes deixamos voar a nosa imaxinación e... a xogar!!


Nova plantación: cos envases de iogur que trouxeron os peques da casa fixemos unha nova plantación de xirasois. Esperamos poder velos xerminar antes de levalos para casa.



Trazos na nosa nova bandexa: nesta ocasión os nenos/as tiñan que practicar o trazo dos números co dedo.


Preparamos o agasallo para "O día da familia" (15 de maio). Esperamos que vos guste!!



Seguimos traballando coa temática dos vermes de seda. Comezamos a preparar unha manualidade que aínda nos levará un tempo, pero merecerá a pena. A primeira parte consistiu en picar co punzón unhas follas de moreira, e teño que dicir que xa son todos uns expertos no tema de picar, melloraron moitísimo en precisión, forza e rapidez!!


E xa para rematar, imos a amosar unhas imaxes da nosa merenda de campións de hoxe. Merenda máis que merecida xa que fixemos unha carreira como verdadeiros campións!!
Moitas grazas por estes bocatas tan ricos!



Que teñades unha boa fin de semana das Letras Galegas!!












Ningún comentario:

Publicar un comentario