venres, 28 de maio de 2021

ABELLAS EN 6°E.I.

Ola familias!! Coincidindo que a semana pasada foi o día mundial das abellas e partindo dos intereses dxs nenxs, esta semana as cinco propostas estiveron relacionadas coas abellas:
1. Montamos a abella e colocamos o nome das súas partes:


2. Coñecimos o ciclo de vida das abellas e ordeamos a secuencia.


3. Coñecimos vocabulario das abellas e unimos cada tarxeta coa súa palabra.


4. Representamos na colmea de abaixo as cores que observamos na de arriba. Traballamos deste xeito a atención, a orientación espacial...

5. Creamos a nosa propia colmea: colocamos o número de abellas e o número de polen e a suma dos números era o número de celdas da colmea. Despois construimos con eses datos.


Tamen fixemos outras actividades:
- Xogo de unir a flor maiúscula coa abella minúscula.
- Puxemos flores en agua e pintamos o que observábamos con acuarela!! Fixémolo al aire libre e foi unha actividade que lles gustou moito.


- Traballamos durante unhas semanas co conto "Dez gatiñas viaxeiras" e viaxamos aos lugares que nel aparecen! Rematamos facendo un debuxo do sitio que mais lle gustou.
- Seguimos experimentando na mesa de luz cós espellos.
- Despois dun fin de semana polo medio, observamos como quedou o noso experimento das flores.

- Seguimos aproveitando as flores para facer actividades: fixemos obras de arte con pétalos no chan e metimos flores en auga que despois metimos no conxelador.


- Valentina trouxo unha Cala e ocorreuselles metela en auga con colorante para ver qué nos atopamos ao chegar o luns!

- Pintamos unha colmea con papel burbulla e fixemos abellas coas nosas marcas dos dedos. Son uns artistas!!


- Realizamos xogos de lectoescritura ao aire libre.



- Creamos un novo recuncho de arte para pintar con acuarela no que o pasan xenial!
- Rematamos a semana ao aire libre imitando movementos de diferentes animais!
Pero sobretodo aproveitamos o bo tempo desta semana para xogar moito ao aire libre!
Que teñades unha boa fin de semana!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario