sábado, 31 de outubro de 2020

5º de Educación Infantil

 Estas son algunhas das actividades da semana na clase da profe Marga.

                   DEBUXAMOS O NOSO PROPIO MONSTRUO






XOGAMOS COAS MATEMÁTICAS


NOVOS XOGOS
Compráronse novos xogos de aprendizaxe da lóxica matemática, da motricidade fina, da atención...



XOGOS VARIADOS











venres, 30 de outubro de 2020

SAMAÍN EN E.I.

 Neste Samaín diferente tivemos que realizar as actividades cada unha na súa aula, pero aínda así pasámolo moi ben!! Deixámosvos un vídeo para que vexades todo o que fixemos!! Que teñades un feliz Samaín!




PROPOSTAS TERRORÍFICAS EN 6º E.I.

Outra semana máis chegaron as propostas a nosa aula! O tema era: Samaín!!! E foron as seguintes:
Crear letras utilizando as arañas de Samaín, non podían saírse da liña:

Na seguinte proposta tiñan que seguir as frechas dende onde se lle indicaba  para ver ata onde chegaban:


A proposta que máis lle gustou foi a de crear o seu propio monstro. Tirando o dado tiñan que ver qué corpo facer, os ollos, os complementos...


A proposta de lecto-escritura consistía en crear palabras de Samaín utilizando as letras de madeira. Despois coa tarxeta correxían se fixeron a palabra ben ou non e por último pasaban esa palabra a un folio.



Na última proposta tiñan que contar e colocar a pinza no número de elementos que había e despois realizar un puzzle terrorífico:


Que teñades unha boa fin de semana!!!

SEMANA TERRORÍFICA EN 6º E.I.

 Nesta semana, coincidindo co Samain, fixemos diferentes actividades terroríficas:

Elaboramos unhas máscaras.



Fixemos un monstro quitamedos no que escribimos todos os nosos medos para que nos axude con eles!







E tamén estivemos bailando o día de Samaín e fixemos un bingo!


PRIMEIRAS VISITAS DO RATONCIÑO PÉREZ EN 6º DE E.I.

Esta semana inauguramos a caída de dentes na aula! Para festexalo cada vez que o Rato Pérez teña que visitarnos imos levar un diploma para a casa e na aula faremos un reconto de todos os dentes que nos van caíndo!


martes, 27 de outubro de 2020

Cumpreanos de Leire

 Hoxe cumpre anos Leire. Cumpre 4 anos, moitas felicidades de parte das profes e compañeir@s.

🎈🎉🎈🎉🍬🍬



NOVO DESCUBRIMENTO EN 6°E.I. E DECORADO TERRORÍFICO

Hoxe na aula descubrimos un novo material: a torre rosa Montessori!! Xa temos un novo xogo para utilizar ao finalizar as propostas!


Ademais, onte estivemos decorando a aula con elementos de Samain para dar comezo a unha semana terrorífica! Estaban tan emocionados que ata quixeron poñerlle un nome ao esqueleto!



luns, 26 de outubro de 2020

IGREXIÑO FAI O CAMIÑO

 Este curso o proxecto de centro é "IGREXIÑO FAI O CAMIÑO".

Como presentación do proxecto estamos a escoitar no momento da entrada, unhas cancións relacionadas co Camiño de Santiago. Esperamos vos gusten.

A maleta viaxeira próximamente comezará a visitar de novo as vosas casas.

 




sábado, 24 de outubro de 2020

Aula MARGA

 Ola familias. 

Outra semana de traballo. Espero vos gusten as actividades.

                                                                    FOTO GRUPO.



RECORTADO CON TIJERAS




                         ÁRBORE DE OUTONO









venres, 23 de outubro de 2020

NOVAS PROPOSTAS 6º E.I.

 Esta semana tivemos cinco novas propostas...

Na primeira tiñamos que colocar maiz seguindo a silueta de algúns elementos de outono.


A segunda consistía en completar a casiña do 0 e despois transcribilo a papel.
Na seguinte proposta tiñan que descubrir qué elementos da mesa de outono flotaban e cales non!
Para traballar a lecto-escritura, debían utilizar as letras e formar palabras de outono e despois completar as vogais que faltaban nas palabras!
Para finalizar coas propostas, tiñan que fixarse moi ben nunha lámina e contar todos os elementos que había. Despois tiñan que saber cantos había de cada debuxo e apuntalo!
Ademais... estrenamos novo xogo de mesa!! E comezamos có traballo das emocións en valores! Explicaban que emoción sentían nese momento e debían elexir cal era o monstro que representaba esa emoción e colorealo! Despois para que quedara máis bonito decidimos poñerlle un pau para levalo para casa!



 ALGUNHAS ACTIVIDADES DOS ÚLTIMOS DÍAS NA AULA DE 3 ANOS


Ola a todos! Neste mes e medio que levamos de curso xa fixemos moitísimas cousas. Aquí tedes algunhas fotiños onde podedes observar todo o que traballamos e xogamos nos últimos días.

O outono: 
manipulamos elementos naturais, traballamos a lóxica-matemática con eles, as partes da cara e fixemos grandes obras de arte relacionadas co tema.




Aprendimos a facer liñas de moitas formas diferentes: co noso propio corpo, con fabas no chan, fixemos grafismo creativo con témperas e pinceis...



      Xogamos con cousiñas novas que apareceron na aula: pompóns, bolas para ensartar... E por suposto aproveitamos un ratiño despois da merenda para ler un pouco. Pasámolo pipa!