venres, 23 de outubro de 2020

NOVAS PROPOSTAS 6º E.I.

 Esta semana tivemos cinco novas propostas...

Na primeira tiñamos que colocar maiz seguindo a silueta de algúns elementos de outono.


A segunda consistía en completar a casiña do 0 e despois transcribilo a papel.
Na seguinte proposta tiñan que descubrir qué elementos da mesa de outono flotaban e cales non!
Para traballar a lecto-escritura, debían utilizar as letras e formar palabras de outono e despois completar as vogais que faltaban nas palabras!
Para finalizar coas propostas, tiñan que fixarse moi ben nunha lámina e contar todos os elementos que había. Despois tiñan que saber cantos había de cada debuxo e apuntalo!
Ademais... estrenamos novo xogo de mesa!! E comezamos có traballo das emocións en valores! Explicaban que emoción sentían nese momento e debían elexir cal era o monstro que representaba esa emoción e colorealo! Despois para que quedara máis bonito decidimos poñerlle un pau para levalo para casa!



Ningún comentario:

Publicar un comentario