venres, 16 de outubro de 2020

PROPOSTAS EN 6º DE E.I.

Esta semana foi cortiña e aínda así traballamos moito. Os luns (esta semana foi o martes) chegan con ilusión de coñecer as novas propostas que nos acompañarán toda a semana, que neste caso foron as seguintes:

Traballamos coa roda dos sons: Estas rodas teñen unha letra no medio e deben colocar pinzas nas imaxes que comezan por esa mesma letra. Despois esta actividade foi plasmada en papel.

Na segunda proposta tiñan que, utilizando a técnica do cepillo, facer unha obra de arte. Para iso debían colocar as follas e ese espazo ía quedar en blanco, xa que só tiña cor os espazos arredor das mesmas. Divertíronse moito!

A seguinte consistía en realización de sumas utilizando os grans de máiz. Colocaban debaixo de cada número os grans e despois debían sumar o total.
Na última proposta tiñan que facer letras en area. Despois debían pensar unha palabra que comezara por esa letra e escribila nun papel.
Ademais..... tamén practicamos os nosos nomes en maiúsculas e en minúsculas; fixemos os venres de relaxación; e houbo tempo para decidir cal sería este ano a decoración de outono nas ventás, xa que este curso van decidir eles cómo lles gustaría que estivesen (xa vos ensinaremos o resultado!)

Boa fin de semana e vémonos o luns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario