venres, 23 de outubro de 2020

 ALGUNHAS ACTIVIDADES DOS ÚLTIMOS DÍAS NA AULA DE 3 ANOS


Ola a todos! Neste mes e medio que levamos de curso xa fixemos moitísimas cousas. Aquí tedes algunhas fotiños onde podedes observar todo o que traballamos e xogamos nos últimos días.

O outono: 
manipulamos elementos naturais, traballamos a lóxica-matemática con eles, as partes da cara e fixemos grandes obras de arte relacionadas co tema.




Aprendimos a facer liñas de moitas formas diferentes: co noso propio corpo, con fabas no chan, fixemos grafismo creativo con témperas e pinceis...



      Xogamos con cousiñas novas que apareceron na aula: pompóns, bolas para ensartar... E por suposto aproveitamos un ratiño despois da merenda para ler un pouco. Pasámolo pipa!



3 comentarios: