Crear letras utilizando as arañas de Samaín, non podían saírse da liña:
Na seguinte proposta tiñan que seguir as frechas dende onde se lle indicaba para ver ata onde chegaban:
A proposta que máis lle gustou foi a de crear o seu propio monstro. Tirando o dado tiñan que ver qué corpo facer, os ollos, os complementos...
A proposta de lecto-escritura consistía en crear palabras de Samaín utilizando as letras de madeira. Despois coa tarxeta correxían se fixeron a palabra ben ou non e por último pasaban esa palabra a un folio.
Na última proposta tiñan que contar e colocar a pinza no número de elementos que había e despois realizar un puzzle terrorífico:
Que teñades unha boa fin de semana!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario