venres, 26 de febreiro de 2021

5º de Educación Infantil

 Esta semana fixemos moitos traballos variados. Traballamos con Rosalía De Castro, ademáis de outras moitas actividades. Aquí deixo unha mostra.

ROSALÍA DE CASTRO


ASOCIACIÓN NÚMERO CANTIDADE




CUNCHAS DE VIEIRA
Aproveitando as cunchas de vieira que pintaramos outro día, fixemos agrupaciós, seriacións...



MISTURA DE CORES CON TÉMPERA
Experimentamos a mistura de cores con témpera. 
Outro día o experimentaremos con outro material.


ZUMBA EN EDUCACIÓN FÍSICA


CARREIRAS
Aproveitando o bo tempo saímos a corre un ratiño.😄





COMEZAMOS MINI PROXECTO EN 6º E.I.

Esta semana, ademais de continuar có proxecto do centro, comezamos un mini proxecto sobre os animais de inverno e que nos ten moi motivados. As cinco propostas estiveron relacionadas con él e foron as seguintes:
Estampar osos polares: Primeiro pegaron os osos, despois cubriron o folio con témpera coas cores do inverno e utilizando un globo e por último despegaron os osos e maxia! Desfrutaron moito con esta actividade!

Traballamos coas tarxetas dos animais polares. Despois de descubrir que animais iamos traballar, debían emparellar cada foto do animal co seu nome! Para finalizar a actividade podían xogar con estes animais en miniatura!

Contamos animais polares. Colocar tantos animais como nos indicaba o número.

Emparexamos cada pegada animal coa súa miniatura! E axudámonos da lupa para iso!

Xogamos a crear palabras en minúscula axudándonos dunhas tarxetas de animais e das letras!

Aparte destas propostas semanais, tamén fixemos outras actividades como...
Despois de moito pedilo, repetimos a actividade de facer neve que fixemos o curso pasado! Nesta ocasión eles mesmos se encargaron de mezclar os elementos e deixo mostra do ben que o pasaron xogando cós pingüíns! Para a semana veredes para que imos utilizar esta neve!!

O día 24 de Febreiro, celebramos o día de Rosalia de Castro! Aparte de participar nun traballo para o centro, na aula falamos de Rosalía e a recordamos do curso pasado! Ademais fixemos uns marcapáxinas coa súa cara!
Aproveitamos o bo tempo para facer lectura ao aire libre!
Ordeamos as letras que temos na aula e creamos palabras entre todos! Primeiro o fixemos coas maiúsculas e despois coas minúsculas!

Seguimos có proxecto de centro elaborando a resposta para Igrexiño! E mentres tanto nos vestimos de peregríns!!
Seguimos xogando coas casiñas facendo reparticións!
E ademais esta semana foi especial porque Nerea foi a primeira en conseguir o reto de completar a táboa do 100 e puxémonos moi contentos!! Noraboa Nerea!!!
E ata aquí as actividades desta semana!! Que teñades un bo finde familias!!

Rosalía de Castro

 Entre todas as aulas de Educación infantil fixemos un traballiño. Aquí volo deixo, quedou fenomenal!!!

É sobre o poema"Camiño Branco", de "Cantares Gallegos".

AULA DE 4º DE E.I.


Boas a todos/as. Por aquí vos deixo algunhas cousiñas que estivemos facendo estes días.

Actividades de lóxica-matemática cos bloques. Fixemos clasificacións cos cadrados (grande-pequeno) e tamén fixemos seriacións cos mesmos (grande-pequeno-grande...)




Tamén aproveitamos a mesa de luz para traballar as mates con cunchas de vieira, enfocando así a actividade no noso proxecto de centro. Neste caso trátase de ordenar as cunchas de maior a menor.




Estamos aprendendo a xogar ao Bingo, ao principio custounos un pouco, pero imos collendo a dinámica do xogo.

 


O 24 de febreiro foi o Día de Rosalía. Estivemos traballando unha poesía dela titulada "O camiño branco". Todo o ciclo de infantil fixemos un mural onde a nosa aportación foi pintar o camiño.





 

E de momento isto é todo. Estas son só algunhas das cousiñas que fumos aragallando estes días, ademáis de xogar, correr, bailar e desfrutar coma pequerrechos!!!




venres, 19 de febreiro de 2021

5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 Ola familias!!! xa estamos de volta. Esta semana tan cortiña fixemos algunha actividade de motricidade fina, seguimos a repasar os números e remataos a letra u, para poder comezar coa letra e para a semana. Bo finde.

MOTRICIDADE FINA

A motricidade fina, a lóxica matemática... non a poido deixar de traballar. 



CONTAMOS XEADOS

Temos un novo xogo para elaborar e contar as bolas de xeado. Tamén vainos  servir para sumar. 


CUMPREANOS DE LEO

 Esta semana ,LEO, da clase de 4 anos estivo de cumpreanos. Na clase celebrámolo o xoves, espero que o pasara moi ben.



DE VOLTA DO ENTROIDO EN 6º E.I.

 Esta semana como foi cortiña non tivemos propostas e fixemos unhas actividades libres centradas na arte e na lectoescritura!

Fixemos unhas paisaxes de inverno que deixamos a secar na aula e que levaremos para a semana para as nosas casas! Primeiro pintamos a paisaxe ao ritmo da música e despois completamos facendo monecos de neve en 3D porque saían da paisaxe!! Pasáronno moi ben e son uns artistas!




Seguimos có traballo das minúsculas. Repasamos as minúsculas nunha lámina e coloreamos os debuxos e despois en grupo unimos cada minúscula coa súa maiúscula!! Tamén formamos palabras!!



Axudándonos das tarxetas, escribimos os nomes dos nosos compañeiros en minúsculas!! e sentíronnse moi maiores!!
E esta semana ao ser tan curta non puidemos facer nada máis!! A próxima comezaremos a facer un mini proxecto sobre os animais de inverno!! Que teñades unha boa finde!!

venres, 12 de febreiro de 2021

ENTROIDO

Ola familias!! Intentamos disfrutar moito deste entroido diferente e aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos e do guapos que viñeron os peques ao centro!! 

Moitas grazas pola vosa colaboración nas ordes do meco!!

Clase de 5º de Educación infantil

 Ola familias: esta semana de entroido aproveitei a traballar actividades sobre o proxecto do camiño de Santiago. Así fixemos a careta de Igrexiño, pintamos unhas cunchas...

PINTAMOS CUNCHAS

Esta semana pintamos cunchas de vieira. Primeiro as manipulamos e logo as pintamos. Agora nos servirán para traballar as series, as matemáticas...

RELAXACIÓN

Despois do recreo facemos, na mesa, relaxación, collemos os botes da calma e tentamos relaxarnos,aínda que custa un pouco...


CONTO: ¿NO DUERMES,OSITO?
Esta semana traballei o conto "¿No duermes osito?", es muy interesante porque trata sobre el miedo.


ALFOMBRA DE NÚMEROS

Traballei na alfombra de números camiñar a pata coxa, fixéronno fenomenal!!!👏👏


CARETA DE IGREXIÑO
Fixemos tamén relacionado co proxecto a careta de igrexiño.


CONSTRUCCIÓNS



Que pasedes un moi bo Entroido!!!!
Ata a volta.

ENTROIDO EN 6º E.I.

Esta semana foi un pouco especial porque era a do entroido. Estivemos toda a semana traballando con dous libros de entroido e as propostas son principalmente de lecto-escritura e de arte. Adicámola a traballar as personaxes típicas do entroido galego.

As cinco propostas desta semana foron as seguintes:
Elexir a súa foto e tiñan que disfrazala utilizando diferentes elementos para a elaboración do seu disfraz! Quedaron moi coloridos e foi moi divertido!


Utilizar as letras de madeira e crear os nomes das personaxes típicas do entroido galego. Despois escribir estas palabras nun papel.

Seguindo con este traballo, tiñan unhas tarxetas nas que aparecían as fotos dos personaxes do entroido e ao lado diferentes nomes e tiñan que elexir o nome correcto.

Utilizando un dos libros que tiñamos na aula, elexian a personaxe que máis lles gustara e a debuxaban nun folio. Debaixo escribian o seu nome.

Coñecimos o mapa de Galicia e colocaron nel a ubicación de cada personaxe do entroido. Tiñan para axudarse unha lámina.

Ademais destas propostas fixemos actividades como...
Un obradoiro de letras maiúsuculas e minúsculas.



Un xogo no que colocamos as letras minúsculas polo chan da aula e tiñan que ir a tocar a letra que se lles indicaba.

Xogamos a un xogo do entroido de emparellar cada personaxe co seu nome correspondente.
Fixemos un obradoiro de máscaras, no que tiñan que tirar o dado e fixarse no número para coñecer que tipo de máscara tiñan que debuxar e cal sería os complementos que había que facerlle.
E finalizamos a semana coa realización dun bingo!

Ademais comezamos cunha actividade que nos acompañará todo o curso e na que ao final da mañan deben colorear o número do día da cor correspondente en función de como se sentiron. Desta forma seguimos có traballo das súas emocións.
Que teñades unha boa finde longa e vémonos o xoves!