venres, 26 de febreiro de 2021

AULA DE 4º DE E.I.


Boas a todos/as. Por aquí vos deixo algunhas cousiñas que estivemos facendo estes días.

Actividades de lóxica-matemática cos bloques. Fixemos clasificacións cos cadrados (grande-pequeno) e tamén fixemos seriacións cos mesmos (grande-pequeno-grande...)




Tamén aproveitamos a mesa de luz para traballar as mates con cunchas de vieira, enfocando así a actividade no noso proxecto de centro. Neste caso trátase de ordenar as cunchas de maior a menor.




Estamos aprendendo a xogar ao Bingo, ao principio custounos un pouco, pero imos collendo a dinámica do xogo.

 


O 24 de febreiro foi o Día de Rosalía. Estivemos traballando unha poesía dela titulada "O camiño branco". Todo o ciclo de infantil fixemos un mural onde a nosa aportación foi pintar o camiño.





 

E de momento isto é todo. Estas son só algunhas das cousiñas que fumos aragallando estes días, ademáis de xogar, correr, bailar e desfrutar coma pequerrechos!!!




1 comentario: