Esta semana como foi cortiña non tivemos propostas e fixemos unhas actividades libres centradas na arte e na lectoescritura!
Fixemos unhas paisaxes de inverno que deixamos a secar na aula e que levaremos para a semana para as nosas casas! Primeiro pintamos a paisaxe ao ritmo da música e despois completamos facendo monecos de neve en 3D porque saían da paisaxe!! Pasáronno moi ben e son uns artistas!
Seguimos có traballo das minúsculas. Repasamos as minúsculas nunha lámina e coloreamos os debuxos e despois en grupo unimos cada minúscula coa súa maiúscula!! Tamén formamos palabras!!
Axudándonos das tarxetas, escribimos os nomes dos nosos compañeiros en minúsculas!! e sentíronnse moi maiores!!
E esta semana ao ser tan curta non puidemos facer nada máis!! A próxima comezaremos a facer un mini proxecto sobre os animais de inverno!! Que teñades unha boa finde!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario