venres, 26 de febreiro de 2021

COMEZAMOS MINI PROXECTO EN 6º E.I.

Esta semana, ademais de continuar có proxecto do centro, comezamos un mini proxecto sobre os animais de inverno e que nos ten moi motivados. As cinco propostas estiveron relacionadas con él e foron as seguintes:
Estampar osos polares: Primeiro pegaron os osos, despois cubriron o folio con témpera coas cores do inverno e utilizando un globo e por último despegaron os osos e maxia! Desfrutaron moito con esta actividade!

Traballamos coas tarxetas dos animais polares. Despois de descubrir que animais iamos traballar, debían emparellar cada foto do animal co seu nome! Para finalizar a actividade podían xogar con estes animais en miniatura!

Contamos animais polares. Colocar tantos animais como nos indicaba o número.

Emparexamos cada pegada animal coa súa miniatura! E axudámonos da lupa para iso!

Xogamos a crear palabras en minúscula axudándonos dunhas tarxetas de animais e das letras!

Aparte destas propostas semanais, tamén fixemos outras actividades como...
Despois de moito pedilo, repetimos a actividade de facer neve que fixemos o curso pasado! Nesta ocasión eles mesmos se encargaron de mezclar os elementos e deixo mostra do ben que o pasaron xogando cós pingüíns! Para a semana veredes para que imos utilizar esta neve!!

O día 24 de Febreiro, celebramos o día de Rosalia de Castro! Aparte de participar nun traballo para o centro, na aula falamos de Rosalía e a recordamos do curso pasado! Ademais fixemos uns marcapáxinas coa súa cara!
Aproveitamos o bo tempo para facer lectura ao aire libre!
Ordeamos as letras que temos na aula e creamos palabras entre todos! Primeiro o fixemos coas maiúsculas e despois coas minúsculas!

Seguimos có proxecto de centro elaborando a resposta para Igrexiño! E mentres tanto nos vestimos de peregríns!!
Seguimos xogando coas casiñas facendo reparticións!
E ademais esta semana foi especial porque Nerea foi a primeira en conseguir o reto de completar a táboa do 100 e puxémonos moi contentos!! Noraboa Nerea!!!
E ata aquí as actividades desta semana!! Que teñades un bo finde familias!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario