venres, 30 de abril de 2021

RETO 2

Esta semana apareceu un tarro nas aulas e o reto consistía en adiviñar cantos elementos había nel!! Foi unha actividade moi divertida!!







Cal será o seguinte reto??? 

 AULA DE 4º DE INFANTIL

Na nosa aula estamos encantados con esta estación: flores, plantas, bechos, bo tempo... E falando de bechos... xa podíamos chamarnos  "A aula dos bechos" porque cada día temos máis!!

Seguimos coidando dos nosos vermes de seda: os limpamos, lles damos de comer e os observamos moito. Algúns xa están facendo o seu casulo e outros aínda están por saír do ovo. 


Por outra banda apareceu na aula unha caixa sospeitosa chea de terra e herbas. Os nenos/as tiñan que adivinar que bechiños se escondían dentro. Custoulles un pouco descubrilo, pero finalmente alguén dixo: Son grillos!! E así era. Encántalles escoitalos cantar, e xa sabemos algunhas cousas deles, como que as femias teñen 3 colas e os machos 2; ademáis só cantan os machos!! Dámoslles de comer sementes, cenorias, ensalada... Estes grilos non van querer volver ao campo!




Tamén traballamos un pouco exercitando as nosas mans:

- Por un lado comezamos a recortar con tesoiras, unha técnica moi complicada, pero que estes nenos/as  saben facer fenomenal!!




- Por outro lado traballamos a motricidade fina con bastonciños dos oídos e témpera. Tíñamos que ser moi precisos e tocar co bastonciño no punto exacto. Quedaron uns dentes de león preciosos!!


Nas clases de valores xogamos a identificar as emocións co Bingo das emocións. Todos/as conseguimos facer bingo, somos uns campeóns.


Dende o equipo de convivencia propuxéronnos un reto que consistía en conseguir 5 cunchas de vieira. Cada cuncha se conseguía cumprindo unha norma elexida entre todos/as, a nosa norma era "Non berrar e non correr na aula e nos corredores", custounos un pouco conseguilo, pero por fin o logramos e recibimos un premio: SUBIR A XOGAR AO PATIO DOS MAIORES!!


E como non, tamén xogamos moito: en gran grupo, pequeno grupo, dentro da aula, fóra... O pasamos xenial!!



Boa fin de semana familias!!

















MÁIS BECHOS EN 6°

Ola familias!! Esta semana seguimos investigando máis cousiñas sobre os BECHOS! Polo que as cinco propostas foron as seguintes:
Crear o noso propio becho! Fomentando a creatividade!

Coñecer as partes da formiga e completalas no debuxo.

Xogo de copiar o patrón. Fixámonos nas cores do debuxo ou nas palabras das tarxetas e na nosa tarxeta tiñamos que colocar o animal correspondente.

Montar crebacabezas de bechos fixándonos no número ou formando a palabra do becho!

Facer unha lista dos insectos que voan e os que non.

Ademais das propostas, desfrutamos facendo algunas actividades como por exemplo:
Xogar coa táboa do 100: quitaban un número e o compañero tiña que adivinar cal foi ese número que desapareceu. Despois colocaban as decenas e as unidades que o forman.

Traballamos a lectoescritura e a lóxica matemática con xogos de bechos na pizarra.
Xogamos a un xogo de intentar adiviñar que pon na tarxeta. Con axuda conseguimos leer algunas palabras primaverais.
Coñecimos un material novo que é parecido a plastilina de barro pero que cando seca queda duro. Utilizámolo para deixar pegadas dos insectos e co que sobrou elaboramos bechos e insectos.
Seguimos xogando aos dados de contar historias. Encántalles!
Seguimos traballando a conciencia fonolóxica a través sin xogo de emparellar a imaxe pola letra pola que comeza.
Ademais cambiamos un recuncho!! Como novidade esta semana teñen animais que deben meter no caixón da letra pola que comeza.
Que teñades unha boa fin de semana e vémonos o luns!

mércores, 28 de abril de 2021

ANIVERSARIO MARCO E BRUNO

Hoxe Bruno e Marco cumpren 6 anos!! E na clase fixemos unha festa para festexar que nos facemos maiores!!! Coma sempre demos as voltas ao sol e levaron de regalo unha coroa e unhas felicitacións que lles prepararon os seus compañerxs!
Disfrutade moito do voso día e Moitas Felicidades!!





venres, 23 de abril de 2021

RETO 1 EN INFANTIL

O reto 1 consistía en traer indicadores do Camiño de Santiago!! Chegaron as aulas fotos nas que os pequenxs puideron apreciar qué tiñan que observar para poder facer o Camiño!! Reto superado!!! Imos a polo seguinte tramo!!
Moitas grazas a todas as familias que colaboraron!!!

SEMANA DE BECHOS EN 6° E.I.

Ola familias! Esta semana seguimos coa primavera e comezamos a ver un tema que lles gusta moito: os BECHOS! Polo que as propostas foron:

Colocar cada becho encima da súa sombra e despois escribir o seu nome.



Aprendemos a debuxar un tulipán.


Unimos cada becho coa súa sombra.


Realizamos a simetría de diferentes flores.



Medimos bechos e apuntamos o seu nome e os seus centímetros.


Ademais das propostas fixemos moitas actividades:
Puxemos bechos na mesa de experimentación para fomentar a creatividade e imaxinación.


Decoramos as nosas ventanas facendo flores de forma libre e mariposas con papel celofán.

Xogamos cós monstros do 100 a ordealos e a adiviñar os números. Foi un bo traballo en equipo.
Estrenamos a nosa táboa do 100 con moita ilusión! E xogamos a adiviñar que número faltaba.

Unimos cada minúscula coa súa maiúscula!

DÍA DO LIBRO
 Toda a semana divertímonos moito facendo a grabación do conto e o día do libro visualizamos todos os contos que grabaron os nosos compañeiros do cole!
Ademais falamos da tradición de regalar un libro e unha rosa e plantamos xirasois para festexalo.
Que teñades unha boa finde e vémonos o luns!