Ola familias! Esta semana seguimos coa primavera e comezamos a ver un tema que lles gusta moito: os BECHOS! Polo que as propostas foron:
Colocar cada becho encima da súa sombra e despois escribir o seu nome.
Unimos cada becho coa súa sombra.
Realizamos a simetría de diferentes flores.
Medimos bechos e apuntamos o seu nome e os seus centímetros.
Ademais das propostas fixemos moitas actividades:
Puxemos bechos na mesa de experimentación para fomentar a creatividade e imaxinación.
Decoramos as nosas ventanas facendo flores de forma libre e mariposas con papel celofán.
Xogamos cós monstros do 100 a ordealos e a adiviñar os números. Foi un bo traballo en equipo.
Estrenamos a nosa táboa do 100 con moita ilusión! E xogamos a adiviñar que número faltaba.
Unimos cada minúscula coa súa maiúscula!
DÍA DO LIBRO
Toda a semana divertímonos moito facendo a grabación do conto e o día do libro visualizamos todos os contos que grabaron os nosos compañeiros do cole!
Ademais falamos da tradición de regalar un libro e unha rosa e plantamos xirasois para festexalo.
Que teñades unha boa finde e vémonos o luns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario