venres, 30 de abril de 2021

 AULA DE 4º DE INFANTIL

Na nosa aula estamos encantados con esta estación: flores, plantas, bechos, bo tempo... E falando de bechos... xa podíamos chamarnos  "A aula dos bechos" porque cada día temos máis!!

Seguimos coidando dos nosos vermes de seda: os limpamos, lles damos de comer e os observamos moito. Algúns xa están facendo o seu casulo e outros aínda están por saír do ovo. 


Por outra banda apareceu na aula unha caixa sospeitosa chea de terra e herbas. Os nenos/as tiñan que adivinar que bechiños se escondían dentro. Custoulles un pouco descubrilo, pero finalmente alguén dixo: Son grillos!! E así era. Encántalles escoitalos cantar, e xa sabemos algunhas cousas deles, como que as femias teñen 3 colas e os machos 2; ademáis só cantan os machos!! Dámoslles de comer sementes, cenorias, ensalada... Estes grilos non van querer volver ao campo!




Tamén traballamos un pouco exercitando as nosas mans:

- Por un lado comezamos a recortar con tesoiras, unha técnica moi complicada, pero que estes nenos/as  saben facer fenomenal!!




- Por outro lado traballamos a motricidade fina con bastonciños dos oídos e témpera. Tíñamos que ser moi precisos e tocar co bastonciño no punto exacto. Quedaron uns dentes de león preciosos!!


Nas clases de valores xogamos a identificar as emocións co Bingo das emocións. Todos/as conseguimos facer bingo, somos uns campeóns.


Dende o equipo de convivencia propuxéronnos un reto que consistía en conseguir 5 cunchas de vieira. Cada cuncha se conseguía cumprindo unha norma elexida entre todos/as, a nosa norma era "Non berrar e non correr na aula e nos corredores", custounos un pouco conseguilo, pero por fin o logramos e recibimos un premio: SUBIR A XOGAR AO PATIO DOS MAIORES!!


E como non, tamén xogamos moito: en gran grupo, pequeno grupo, dentro da aula, fóra... O pasamos xenial!!



Boa fin de semana familias!!

















2 comentarios: